Todo o galego para os trebellos móbiles de Apple

GalApps publica dicionario, conxugador de verbos e tradutor para iPhone e iPad.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/02/2012 | Actualizada ás 09:23

Comparte esta noticia

As aplicacións de GalApps  (ConxuGalego, DicionarioGalego e TradutorGalego) lánzanse hoxe para iOS (o sistema operativo de iPhone e iPad, trebellos de Apple).

None

Baixo o lema "Toda a lingua no teu peto", as GalApps son un conxunto  de aplicacións da lingua galega que permiten conxugar verbos en galego, buscar o significado de termos galegos e traducir textos do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa.

O galego, coas GalApps, convírtese na primeira lingua que dispón dunha suite de aplicacións para as dúas principais plataformas móbiles, os trebellos Apple e os Android.

As novas  pódense descargar de balde na AppStore de Apple. Están dispoñibles a través dos seguintes enlaces:

Os autores son Sabela Barreiro, Xurxo Méndez e Juan Porta, que publican a miúdo actualizacións dos programas sempre de balde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 CarmenCarballo

Iniciativas coma esta, suplen a falta de iniciativas que na defensa e difusión do noso idioma, teñen os nosos mozos e mozas galegas. Parabéns ós creadores! E graciñas, pola parte que me toca comom usuaria!