As televisións autonómicas inician o proceso de incorporación á Unión Europea de Radiodifusión

Os medios públicos de FORTA acordan iniciar o proceso para convertese en socio de pleno dereito. O director da CRTVG destaca a capacidade da federación para "aglutinar todas as sensibilidades" das distintas comunidades.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/06/2019 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

A Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA) deron o visto e prace a solicitar e iniciar o proceso de incorporación a Unión Europea de Radiodifusión (UER) como socio de pleno dereito. Así o deu a coñecer a entidade, que conmemorou o seu 30 aniversario en Chillida Leku (Hernani), no transcurso da celebración da súa Xunta Xeral, á que asistiron representantes das súas entidades membro.

Celebración do 30 aniversario da FORTA
Celebración do 30 aniversario da FORTA | Fonte: Europa Press

Segundo explicou a FORTA, os directores xerais dos distintos servizos audiovisuais públicos autonómicos resaltaron o "importante" papel asumido pola Federación durante os seus 30 anos de existencia como "organismo vertebrador que posibilitou alcanzar metas comúns e defender o modelo de servizo público que desempeñan na sociedade".

Para o director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), Alfonso Sánchez Izquierdo, a FORTA "foi capaz de evolucionar e aglutinar todas as diferentes sensibilidades das comunidades que conforman España, as súas linguas, as súas culturas, as súas tradicións, e situalas todas baixo un teito común".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Non hai ninguén que faga un estudo polo miudo das condicións de contratación que está a publicitar La Voz de Galicia ? https://elquiosco.lavozdegalicia.es... ¿Un xornal subvencionado ata as cachas pode permitirse este tipo de contratos? ¿Non haberá ninguén que esixa nos tribunais a devolución dos cartos públicos recibidos?

1 Gamela

Pero seguimos fóra de EuroNews... http://gamela00.blogspot.com/2010/0...