Reaccións contra unha selectividade única que "laminaría totalmente" as características diferenciadoras de Galicia

A Confederación Anpas Galegas, a CIG-Ensino e A Mesa pola Normalización arremeten contra o a "recentralización" que, din, "se agocha" tras este debate.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2019 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O debate sobre o modelo de selectividade e a conveniencia ou non de unificar as probas en todo o Estado para garantir a igualdade de oportunidades dos alumnos conta cun condicionante específico nas nacionalidades históricas. Precisamente, varios representantes de entidades galegas advertiron de que esta medida podería levar a cernar dos contidos do sistema educativo as particularidades que definen a Galicia.

Estudantes na selectividade no campus de Vigo, Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU)
Estudantes na selectividade no campus de Vigo, Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) | Fonte: @ Miguel Núñez.

A Confederación Anpas Galegas advertiu que estas declaracións "agochan sempre outras realidades menos amables". Neste caso, o obxectivo de implantar "un modelo absolutamente uniforme de ensino, en contidos, en competencia, en organización".

"Unha ABAU de contido único, implicaría un ensino de contido único, que laminaría totalmente a diferenza que existe entre cada comunidade deste Estado, que tombaría a adaptación, imprescindible, totalmente imprescindible, da formación ao alumnado que a recibe, ao lugar onde se recibe e á cultura", advertiu a entidade.

Sobre todo, considerou que se trata dun "falso" debate, dado que o currículo de Bacharelato supón "o 60 por cento da valoración" e que esta "xa depende maioritariamente das decisións que toma o Ministerio de Educación". Desta porcentaxe, só un 5% se corresponde coa adaptación das materias ás particularidades de Galicia.

A CIG-Ensino, a través dun artigo de Suso Bermello publicado na páxina web do sindicato, advertiu de que esta "suposta polémica" non busca "nin a defensa da igualdade de oportunidades" nin o garante de equidade das probas, senón que existe un interese político que apunta "á recentralización das competencias" por parte da dereita.

Bermello aclarou, ademais, que un exame único non garantiría tampouco unha avaliación homoxénea para acceder á universidade, tendo en conta que as diferenzas (no caso de que existan) non se dan entre comunidades autónomas, senón "entre os diferentes centros educativos".

A PROBA DE GALEGO

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, defendeu este mércores as particularidades do sistema educativo galego, e que eliminar a proba específica de Galicia da materia de 'Lingua' sería "unha aberración" e "unha mostra de racismo lingüístico".

Maceira cre que a comunidade debe "facer valer as súas competencias" e lembra que as institucións de Galicia "existen grazas á lingua galega, empezando pola Xunta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 nostrus

Os consellos e opinions que dea a MPLN son da mesma calaña que os consellos e opinions da Conferencia Episcopal

1 Sentidiño

Hai alguén aí? Alfabetizado, quero dicir?

1 Portogalego

O chiringuito, o chiringuito...