Por Europa Press / Redacción | BILBAO | 13/06/2019 | Actualizada ás 18:01
A aerolínea Vueling celebrou este xoves os seus 15 millóns de pasaxeiros no Aeroporto de Loiu coa incorporación da súa quinta aeronave baseada neste emprazamento e estreou tres novas conexións á Coruña, O Porto e Florencia.
Cun persoal local de máis de 150 profesionais, entre pilotos e tripulación de cabina, a compañía pasou de transportar 226.000 pasaxeiros en 2005, cando iniciou as súas operacións en Loiu, a máis de dous millóns en 2018.
Segundo a compañía aérea, Bilbao é "un territorio clave" para Vueling, con 24 rutas estatais e internacionais e cinco avións baseados no Aeroporto de Loiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.