A Xunta destina máis de 3,2 millóns de euros para melloras das instalacións de I+D+i na UDC

Sanidade renova o seu convenio coa USC que financiou audífonos e tratamentos para 89 nenos con xordeira neonatal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2019 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A Xunta destinará os dous próximos anos un total de 2,3 millóns de euros para realizar melloras nas instalacións e equipamentos da Universidade da Coruña co fin de "intensificar a actividade investigadora e aumentar a produtividade científica mediante a diversificación na chegada de recursos".

Diso informou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, ao termo da reunión do Consello da Xunta, que deu luz verde ao convenio coa UDC que terá unha duración de dous anos e recolle actuacións ao redor de "catro eixos".

Así, a través do acordo, prevese a rehabilitación e mellora das instalacións e equipamentos, fomentar a especialización da docencia e a investigación nas áreas da industria intelixente, apostar por "a sustentabilidade e a innovación", así como reforzar o programa de centros de investigación e posicionamento a nivel internacional das unidades de investigación.

Deste xeito, a partida para acometer obras nas instalacións ascende a 1,3 millóns, que irán destinados a actuacións nas facultades de Ciencias da Comunicación e Educación, Informática e as escolas de arquitectura, náutica e máquinas, entre outras. Tamén se desenvolverán melloras de renovación tecnolóxica no Laboratorio de Videoxogo ou no Centro de Investigacións Tecnolóxicas de Ferrol.

A Xunta achega case 600.000 euros para o segundo eixo de accións, centrado na renovación dos grandes equipos investigación. O Goberno galego financia o 20% do custo total que ten que afrontar a universidade nas actuacións subvencionadas ao amparo da convocatoria lanzada pola Axencia Estatal de Investigación.

Os terceiro e cuarto ámbitos que recolle o convenio contan cunha achega conxunta das arcas públicas autonómicas de 587.000 euros que se destinarán á especialización da docencia e a investigación en ls áreas da industria intelixente, a sustentabilidade e a innovación.

A Universidade da Coruña
A Universidade da Coruña | Fonte: UDC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta