O sentido común, o menos común dos sentidos

Xavier Melero y Jordi Pina fixeron unha maxestuosa interpretación de Dereito Penal nas súas conclusións do xuízo do process, escoitar a hora e media de Melero, ou as casi dúas horas de Pina foi unha actividade certamente ilustrativa, productiva e da que se poden sacar conclusións propias do que è, e do que debería ser un proceso xudicial.

Por Carlos González Armada | Ferrol | 17/06/2019

Comparte esta noticia
Unha parte dos estudos de Criminoloxia son Dereito Penal e Dereito Procesal Penal, por iso podo decir que desde o plano profesional, e desde os ollos da Criminoloxia, que o repaso de Melero a Fiscalia e abogacia do estado foi, (en simil tenistico), de 6-0, 6-0, 6-0, pero que o de Jordi Pina foi aínda moito mayor 
 
È o momento de ver en que tipo de Estado estamos vivindo, porque xa sabiamos que o PP è herdeiro do franquismo, que VOX è un partido ultra-franquista e retrograda, e que Ciudadanos està a quitar a careta de liberal e colocando a de liberal-franquista, pero è que ademais o tribunal supremo tamén se descubriu como un admirador do dictador fai uns días, cuando catalogaron de xefe de estado a un xenocida....agora tan sò nos quedará saber se alomenos temos unha xustiza con coñecemento das leis e o sentido común, o se po-lo contrario son uns descerebrados antidemocratas que prevarican saltando a lei a prol de unha idea política adoctrinadora 
 
A dúbida entra o pensar naquel comentario de Maza que dixo: "más dura será la caìda", que pode inducir a pensar que a sentenza esta dictada xa antes do comenzo do procesi xudicial, aínda que ai quen dì que se refería o sopapo que iba a ter que soportar o goberno ao descubrise a persecución política ao nacionalismo catalán 
 
Sexa como for estamos en este preciso momento, no que tra-las 52 sesións e máis de 4 meses de xuízo vamos a dar un paso máis en descubrir até onde chega a pantomima de democracia na que vivimos...presenciar un xuízo cheo de irregularidades, desatinos, mentiras, falsas probas, e falsas testemuñas no nos fai ser optimistas en unha sentenza xusta, porque xusta xa non è a prisión preventiva que os políticos cataláns están a sufrir, e porque inxusta sería unha sentenza por delitos inexistentes polos que se lles quere privar de liberdade durante gran parte das súas vidas. Estamos aquí observando unha cantidade de atropelos insustentable para un Estado que di ser democrático e de Dereito, e sinceramente espero que non teñamos que soportar un atropelo maior, e un ridículo inmenso posterior diante da xustiza europea 
 
Melero e Pina foron muy claros, tanto no apartado meramente legal, no que deixaron claro que non existe rebelión, nin sedicion, (si desobediencia), contundentes no apartado do especificado na lei, pero e que ademais foron muy didácticos, (sobre todo Pina), e consecuentes...."o dereito penal se basea no sentido comun", dixeron, è ai e donde eu encontro o problema, a sociedade do estado español, os políticos dos grandes partidos estatais, e as mesmas instancias xudiciais de España xa fai moito tempo que deixaron de utilizar o sentido común, que xa pasou a ser o menos común dos sentidos utilizados 

O presidente de VOX, Santiago Abascal / www.flickr.com/photos/elentir/42286520162
O presidente de VOX, Santiago Abascal / www.flickr.com/photos/elentir/42286520162
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA