Feridos os dous ocupantes dun vehículo tras caer por un barranco en Pobra de Trives

Foi mobilizado un helicóptero medicalizado con bae en Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2019 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas despois de precipitarse por un barranco o vehículo no que viaxaban este venres ao seu paso polo termo municipal de Pobra de Trives (Ourense).

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 8,00 horas deste venres cando un turismo circulaba pola estrada que une as localidades de Castro Caldelas e Trives, á altura de Pena Folenche, en Pobra de Trives.

Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia para pedir axuda e indicou que un coche acababa de caer por un barranco e que non vira saír aos ocupantes do seu interior. Ademais, apuntou no seu relato que parecía que o coche botaba fume.

Por iso, pasouse aviso ao 061, aos axentes de Tráfico, aos membros do GES de Castro Caldelas e de Protección Civil da localidade. Debido á importancia do accidente, persoal sanitario comunicou ao 112 Galicia a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Tras chegar ao lugar, os efectivos de Protección Civil confirmaron que o coche non ardía e que había dúas persoas no seu interior. Así, puideron sacar ao home do vehículo e tiñan que sacar á muller pola pola porta do condutor ao non abrir a do acompañante. Ademais, o terreo onde quedou o coche, no medio dunha canle, dificultaba aos servizos de emerxencia chegar cos medios de excarceración, sinalou o 112.

Helicóptero medicalizado. JCYL - Archivo
Helicóptero medicalizado. JCYL - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta