Temas: OURO FURTO

Unha muller rouba a cadea de ouro que un sexaxenario levaba ao pescozo en Verín

A muller abrazouno e apoderouse da cadea.

Por E.P. | OURENSE | 14/06/2019 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

Unha muller subtraeu a cadea de ouro que un sexaxenario levaba ao pescozo tras abrazarlo e facerlle propostas de índole sexual cando tiraba o lixo no municipio de Verín.

Segundo informou o Instituto Armado, ás 13,15 horas do pasado 13 de xuño foi denunciado un furto por parte dun veciño de Verín de 68 anos de idade.

O home relatou que, cando se atopaba tirando o lixo, achegóuselle unha muller, "posiblemente romanesa", apunta a Benemérita, a cal "despois de realizarlle varias propostas de índole sexual", abrazouno e apoderouse dunha cadea de ouro que levaba posta ao pescozo.

Casa do Concello de Verín
Casa do Concello de Verín | Fonte: Wikimedia

Temas: OURO FURTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta