A Xunta premia a nove concellos do PP cun plan de aforro en iluminación

O INEGA gasta medio millón de euros nun programa experimental que pretende aforrar o 60% da factura de iluminación en concellos gobernados polos populares.

Por Galicia Confidencial | Noia | 14/02/2012 | Actualizada ás 23:19

Comparte esta noticia
Logo de sementar Galicia enteira con alumeados máis que cuestionables, para os que ningún concello pedía proxecto nin utilidade, a Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), acaba de poñer en marcha un proxecto piloto de tecnoloxía eficiente en iluminación pública que permitirá aos concellos galegos reducir custos enerxéticos e económicos.
 
A través deste programa experimental, que se ensaiará en nove concellos  galegos, desenvolveranse diferentes programas de actuación co obxecto de probar o comportamento da tecnoloxía eficiente de aforro enerxético en iluminación pública, permitindo dotar aos municipios dos sistemas más avanzados.
 
Pero a Xunta decidiu premiar con este proxecto piloto a concellos gobernados polo PpdeG. Na Coruña foron escollidos Boiro e Boqueixón, ambos con maioría absoluta do PP; en Lugo, Foz -PP en minoría pero gobernando- e Taboada -maioría do PP-; en Pontevedra serán tres concellos, a saber: Nigrán, onde tamén goberna o PP; Moraña, tamén con alcaldesa do PP, e Ribadumia, oh casualidade, tamén con alcaldesa do PP. 
 
Tamén todos os concellos de Ourense son do PP: Arnoia -cun alcalde popular que leva 30 anos e tamén é delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez-- e Pontedeva.
 
Aforros de ata o 60% no consumo eléctrico
 
Este proxecto piloto contempla tres opcións distintas en función dos municipios: a instalación de reactancias electrónicas regulables, a substitución de puntos de luz por outros electrónicos de menor consumo, e a instalación de tecnoloxía LED. O desenvolvemento de cada un deles permitirá acadar aforros enerxéticos que oscilan entre o 30% e o 60%, coa súa correspondente repercusión na factura eléctrica.
 
O departamento que dirixe Javier Guerra continúa así prestando "unha especial atención ao fomento do aforro e a eficiencia enerxética nos concellos".
 
Nova do xornal colaborador Certo

Comparte esta noticia
¿Gustache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Bruno V

Sinceramente, tendo em conta como se distribui o plano municipal neste momento nom me parece sublinhável o facto de que todos os concelhos sejam do PP.

1 ty9z

E iso que teñen poucas luces.