As persoas formadas en ciencias naturais contan coa maior taxa de paro en Galicia

O dato é o dun 16'5%. No outro lado da balanza atópase o sector primario, co dato máis baixo (6'3%)

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2019 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Os formados en ciencias naturais, químicas, física e matemáticas en Galicia contan coa maior taxa de paro de Galicia (16,5%), fronte aos de sector primario (agricultura, gandaría, pesca, silvicultura e veterinaria), que se atopa no 6,3%. Así figura na estatística sobre educación e emprego en relación coa Enquisa de Poboación Activa (EPA), que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Os galegos que só teñen formación básica teñen unha taxa de paro do 15,9%. Entre aqueles con educación superior as taxas máis elevadas tamén están en servizos (12,8%), humanidades (11,8%) e ciencias sociais (11,5%). En cambio, as máis baixas están, ademais de en ciencias naturais, en saúde (6,6%) e tecnoloxías da información (8,9%).

A taxa de ocupación dos galegos que contan con formación básica sitúase no 33,2%, fronte a aqueles que contan con algunha especialidade ou educación superior, cuxos cocientes están por encima do 60%. Nela figura, que os formados en sectores primarios (agricultura, gandaría, pesca, silvicultura e veterinaria) contan cunha taxa de ocupación do 82,7%. Séguenlle aqueles con títulos relacionados con Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), cun 77,4%.

A clasificación de maior taxa de ocupación en función de formación prosegue: saúde e servizos sociais (74,9%); mecánica, electrónica, industria e construción (72,9%); Negocios, administración e dereito (71%); servizos (70%); artes, humanidades e linguas (69,6%); ciencias sociais, xornalismo e documentación (67,4%); educación (65,4%); ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas (63,2%).

As persoas formadas en ciencias naturais teñen máis paro - Arquivo
As persoas formadas en ciencias naturais teñen máis paro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta