Temas: LUGO BNG PSOE PP

O BNG considera preocupante a posición "irresponsable" do PSOE en seis concellos galegos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2019 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

A Executiva Nacional do BNG mostrou este venres a súa "preocupación" pola posición do Partido Socialistas en seis concellos do catro provincias galegas, nos que "non garante a constitución dun goberno municipal alternativo ao PP". Nun comunicado, o Bloque referiuse expresamente ao caso de Moaña e As Neves (en Pontevedra), Fene e Toques (na Coruña), Barreiros (en Lugo) e Viana do Bolo (en Ourense).

Nestes consistorios, segundo indicou a Executiva do Bloque, os nacionalistas son a opción política con "maior apoio electoral" que podería liderar esa alternativa "en clave nacionalista e de esquerdas". Nestas seis localidades, os responsables locais do BNG aseguran que "non teñen confirmación" da posición do PSOE a favor desa alternativa transformadora senón que, ao contrario, "todo indica que a formación socialista abriría a porta ao PP".

Ante iso, o Bloque Nacionalista Galego ratificou a súa vontade de garantir gobernos alternativos ao PP, alternativa que, segundo indica, "pode quedar no aire en municipios de moita importancia se o PSOE mantén unha posición que o Bloque considera irresponsable". A Executiva Nacional pediu ao PSOE que actúe para reconducir a situación convencida de que a cidadanía destes concellos non entendería que naufragase a posibilidade de ter gobernos de transformación da man do BNG optando polo PP".

Ana Pontón
Ana Pontón | Fonte: EP

Precisamente, leste mesmo venres, o secretario provincial do Partido Socialista en Lugo, Álvaro Santos, pediulles responsabilidade aos nacionalistas no municipio da Fonsagrada, onde o Bloque condiciona o seu apoio ao PSOE á marcha do actual alcalde. "Se o BNG non se escandaliza porque na Fonsagrada non apoian ao Partido Socialista, se se dese o caso, quen di Barreiros ou di Muras, se o PSOE non apoia ao BNG, tampouco se escandalizará", manifestou.

Temas: LUGO BNG PSOE PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Ergaña

P$©€, o partido de centro-liberal facendo piñeirismo, nada novo. Na miña vila (maioritariamente galegofalante) a súa lista electoral era castelánfalante nun 90%... Xa vai sendo hora de que o BNG esperte e comece a traballarse o voto "socialista".

1 José

Si señor, deches no cravo. Para iso, o BNG conta coa estratéxica experiéncia do MGS, Movemento Galego ao Socialismo, que saberá seducir ao votante medio de Caballero y Caballero susurrándolle frases de Lenin ou Stalin.