A nova edición de "Música no Camiño" traerá vinte concertos de Bandas populares galegas en Santiago

A Consellería de Cultura colabora coa Federación Galega de Bandas de Música Populares a través dun investimento de 60.000 euros que fará posible a participación dunha vintena de agrupacións que difundirán a cultura xacobea, promovéndoa entre galegos e visitantes que viaxan á Comunidade durante o verán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2019 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

A nova edición do ciclo musical 'Música non Camiño', impulsado pola Consellería de Cultura, levará este fin de semana á compostelá Praza de Pratarías dúas das 20 actuacións musicais programadas ata agosto a cargo de diferentes bandas populares galegas para difundir a cultura xacobea e reforzar o papel da cidade como meta do Camiño de Santiago.

En concreto, o sábado actuará a Unión Musical Ponteledesma, dirixida por Roberto Hermida, e o domingo a Banda de Música Cultural de Teo, baixo a batuta de Álvaro Varela, en ambos os casos ás 20,30 horas.

Como en cada edición, 'Música non Camiño' desenvólvese entre xuño e agosto con concertos gratuítos abertos ao público en xeral, especialmente dirixidos aos peregrinos que chegan á etapa final do Camiño de Santiago. Os repertorios incluirán obras populares galegas, música contemporánea para banda e adaptacións de música moderna.

Na edición deste ano, a Consellería de Cultura colabora coa Federación Galega de Bandas de Música Populares a través dun investimento de 60.000 euros que fará posible a participación dunha vintena de agrupacións que difundirán a cultura xacobea, promovéndoa entre galegos e visitantes que viaxan á Comunidade durante o verán.

Este programa -que arrincou coa Banda Municipal de Música de Valga e a de Santa Cruz de Ribadulla- responde á intención de reforzar o carácter da cidade de Santiago de Compostela como meta do Camiño, un dos compromisos incluídos no Plan Director do Camiño de Santiago.

Bandas populares galegas participan na nova edición de 'Música non Camiño' con 20 concertos en Santiago. XUNTA - Arquivo
Bandas populares galegas participan na nova edición de 'Música non Camiño' con 20 concertos en Santiago. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta