Temas: OROSO PSOE BNG

Acordo de goberno entre socialistas e nacionalistas en Oroso

O acordo prodúcese despois de que os socialistas de Oroso perdesen a maioría absoluta ao retroceder de sete a seis concelleiros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2019 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia



O Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego chegaron este venres a un acordo para conformar un goberno de coalición no municipio coruñés de Oroso que liderará o actual alcalde en funcións, o socialista Manuel Mirás.

O acordo prodúcese despois de que os socialistas de Oroso perdesen a maioría absoluta ao retroceder de sete a seis concelleiros. Con todo, coa incorporación da nacionalista Isabel Fernández Galego asegúranse a gobernabilidade o próximos catro anos.

En concreto, segundo informou o PSOE, a nacionalista pasará a ocupar a concellaría de Mulleres, Educación e Servizos sociais. O PSOE cualificou de "beneficioso e frutífero" o pacto alcanzado por ambas as formacións na xornada previa á constitución das novas corporacións municipais.

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG. EUROPA PRESS - Arquivo
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG. EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: OROSO PSOE BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta