Acordo a catro bandas en Xinzo de Limia para investir como alcaldesa á socialista Elvira Lama

A vontade é "moito máis ambiciosa" para Xinzo e a súa cidadanía, polo que tamén acordaron "garantir" a gobernabilidade do concello, optando pola fórmula dunha coalición de goberno "estable, solidaria e eficaz"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2019 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

Os representantes de catro partidos de Xinzo de Limia (PSOE, ÁXIL, XA e BNG) chegaron a un acordo político para facer alcaldesa á socialista Elvira Lama Fernández, "xa que resultou a candidata das forzas do cambio máis votada".

Así o deron a coñecer este venres nun comunicado asinado por todas organizacións, onde aseguraron que nas pasadas municipais a cidadanía expresou "inequivocamente" a súa vontade política, "optando por unha maioría de cambio alternativa á que gobernou no concello nos últimos anos".

Segundo eles, a súa vontade é "moito máis ambiciosa" para Xinzo e a súa cidadanía, polo que tamén acordaron "garantir" a gobernabilidade do concello, optando pola fórmula dunha coalición de goberno "estable, solidaria e eficaz", co "firme compromiso" de "desenvolver un programa común no camiño de mellorar o benestar e a calidade de vida dos veciños".

Papeletas electorais en Xinzo
Papeletas electorais en Xinzo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta