O acordo entre BNG e PP en Catoira dá a Alcaldía aos nacionalistas para pór fin a 30 anos de mandato socialista

O acordo entre populares e nacionalistas locais rompe o pacto alcanzado entre as direccións do BNG e o PSdeG.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 15/06/2019 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

O Partido Popular inviste o nacionalista Xoán Castaño como alcalde de Catoria (Pontevedra) e pon fin aos 30 anos de mandato do socialista Alberto García. En concreto, o acordo prodúcese despois de que o xa ex-alcalde socialista perdese a maioría absoluta —situada en seis edís— ao obter só cinco. Os nacionalistas foron a segunda lista máis votada, empatada a tres concelleiros co PP.

Acto do BNG de Catoira / facebook.com/bng.catoira
Acto do BNG de Catoira / facebook.com/bng.catoira

Finalizado o pleno de constitución da nova corporación, o portavoz do PP local, Iván Caamaño, asegurou que investiron o candidato do BNG coa "condición" de que en "30 días" se organice un goberno no que estean tanto populares como nacionalistas ao entender que o Bloque "non pode gobernar só con tres edís".

"Cando se celebre ese pleno, nós agardamos que podamos gobernar xuntos PP e BNG, para demostrar que esta unión pode facer moito camiño para levantar Catoira, para conseguir unha Catoira para todos", sinalou.

Ademais, o portavoz do PP local asegurou que o acordo conta co visto e prace da dirección provincial do PP provincial e o seu presidente, Alfonso Rueda, de quen asegurou que "deu unha lección ao permitir que o PP sente co BNG" polo ben de Catoira.

DESAUTORIZACIÓN DA DIRECCIÓN DO BNG

Con todo, a propia portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, desautorizou nas pasadas semanas á portavoz do Bloque en Catoria para establecer negociacións cos populares.

Precisamente, preguntado por se a súa decisión de pactar co PP lle suporá medidas disciplinarias por parte da dirección do Bloque, Xoan Castaño rexeitou entrar a valorar posibles consecuencias e enmarcou a súa toma de posesión no ben do municipio.

Pola súa banda, o xa ex-alcalde, Alberto García, cualificou de "pacto contra natura" o alcanzado neste municipio pontevedrés e asegurou que "se carga" o acordo entre o Bloque e o PSdeG "a nivel Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 unmais

Non me parece mal, o bloque ten que deixarse de esquerdismos absurdos e aspirar a atraer a votantes do PP, de feito sen persoas que votaron ao PP nalgunha ocasion ningun partido pode aspirar a ter a maioria en Galicia, por outro lado se se trata de garantir a defesa dos intereses dos galegos, tanto ten pactar co PP co Psoe ou con Podemos, os tres estan dirixidos desde fora e van defender os intereses dos seus xefes de Madrid, asi que o que mais de, mais amigo é

2 Bloqueiro bloqueado

Noticias que nunca sairán no Sermóns Paliza do comisario político (metido a "xornalisto") Mejuto.

1 Upegalho Irredento

Para que leas um pouco, camarada: https://www.sermosgaliza.gal/articu...

1 Loisc

Falso. Non houbo pacto algún. Nin en Mondariz tampouco. É moi obvio.

1 Contrafarsantes

Claro que no, guapi. Fue el espíritu santo, no te jo...