Malestar na dirección do BNG, que analizará as "medidas a tomar" en Catoira tras o acordo local co PP

Pontón tamén critica a Feijóo por facer alcalde de Ourense a Jácome "despois de cualificalo en campaña de letal para a cidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2019 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) analizará a próxima semana as "medidas a tomar" despois de que os representantes locais do concello pontevedrés de Catoira "desatendesen" o criterio da dirección nacional de facilitar gobernos alternativos ao PP apoiando a forza nacionalista ou de esquerdas que recibise máis apoio nas eleccións municipais do 26 de maio.

O BNG analizará as 'medidas a tomar' en Catoira despois de que os responsables locais 'desatendesen' a dirección. BNG
O BNG analizará as 'medidas a tomar' en Catoira despois de que os responsables locais 'desatendesen' a dirección. BNG | Fonte: Europa Press

Todo isto debido a que este sábado, o Partido Popular de Catoira investiu cos seus votos alcalde ao nacionalista Xoán Castaño, pondo así fin aos 30 anos de mandato do socialista Alberto García.

En concreto, o acordo prodúcese despois de que o xa ex-alcalde socialista perdese a maioría absoluta --situada en seis edís-- ao obter só cinco. Os nacionalistas foron a segunda lista máis votada, empatada a tres concelleiros co PP.

Desta maneira, o BNG anunciou que estudará as decisións que levará a cabo tras este movemento do Bloque local, despois de que a propia portavoz nacional, Ana Pontón, desautorizase nas pasadas semanas ao portavoz do Bloque en Catoira para establecer negociacións cos populares.

O BNG tamén lamentou que o PSOE "permitise" un goberno do PP en Fene "cando existía a opción de optar por unha alternativa transformadora liderada polo Bloque". No caso de Toques (A Coruña), a alcaldía será exercida dous anos polo BNG e dous polo PSOE.

OURENSE

Sobre a Alcaldía da cidade de Ourense, que será ostentada polo candidato de Democracia Ourensana (DO), Gonzalo Pérez Jácome, grazas ao apoio do PP a cambio de que DO manteña a Manuel Baltar á fronte da Deputación, a dirixente nacionalista criticou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa que "está desesperado" porque "colocou na alcaldía a unha persoa que en campaña electoral cualificaba de letal para a cidade".

Segundo aclarou, isto demostra "que Feijóo non só está desesperado, senón que aplica a peor política de todas" que é, ao seu xuízo, a de "manterse no poder custe o que custe, incluso sacrificando o futuro dunha cidade para que Baltar continúe sendo o cacique da provincia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Andres

Mais ridiculo fan os rupturistas con Valls ou dandolle a alcaldia ao PP en Ribadabia,ou Iglesias e Yoli querendo ser ministros,,, o rupturismo esta pra desfacerse dos soberanistas.

1 Corre que chove

E en Fene o psoe deulla ao PP... Son cousas que pasan e hai que aceptalas como son.

3 Xanc

Titular : As Mareas perden todo o poder urbano e ademáis desaparecen das corporacións de Pontevedra, Lugo e Ourense. O resto parole parole parole. Non se pode xulgar ao Bloque por un caso illado, pois en toda Galicia facilitou gobernos de esquerda (na gran maioría dos casos a cambio de nada )

2 Currelante

Ana Pontón é falsa a máis non poder. Cada certo tempo no BNG hai um iluminado que se deixa querer polo Partido Podre (que em ideoloxía de dereitas e en nacionalistas españolistas son o mesmo que o PsoE). E a aparente rachadura das vestimentas é postureo. Lembremos un antecedente: aquel señor da UPG que foi alcalde cos votos de AP no Saviñao. Logo fracasou. O premio do BNG foi colocalo de cabeza de cartel para as Cortes. E seguiu encabezando a lista local, e sucedeulle a filla, até a extinción do BNG local. E como Ana Pontón é tan próxima, do partido, por nacemento e por familia, repito, a farsante queda descuberta.

1 Bernal Calvo Delaciga

Postureo de cara a galería. Todo o mundo sabe que BNG ten un pacto encuberto co PP, con La Vox de Galicia de mamporrero, para ir contra as mareas municipalistas e o PSOE.

1 bye bye

As mareas son un recordo (amargo) e badulaques hainos en todos os lados. E tu es un frustrado e amargado...

2 Caneda

Bravo, bye bye. Hai que ver que ver que ben argumentas. Parabéns aos responsables da formación militante do BNG.