Marcha o sector máis galeguista e esquerdista do PSdeG

Preto de 20 socialistas críticos de Vigo pedirán a baixa deste partido fartos do “anquilosamento” da estrutura orgánica do PSOE. Comezarán conversas con outras correntes para intentar artellar un fronte “galeguista e de esquerdas”.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 15/02/2012 | Actualizada ás 22:07

Comparte esta noticia

A situación convulsa que vive o nacionalismo galego tamén salpica ao PsdeG. Un nutrido grupo de militantes socialistas de Vigo, do chamado sector crítico, acaba de constituir unha xestora para abandonar este partido. Polo momento son preto de 20 militantes procedentes de Esquerda Galega, Esquerda Socialista e dos sectores galeguistas que no seu día apoiaron a Miguel Barros.

Neste grupo atópase Marcial Martínez, que foi concelleiro socialista en Vigo, e que, desde hai algún tempo consideraba que a convivencia no PSOE se fai “insoportable”. “Este partido cada vez é mais centralista e menos esquerdista”, comenta Óscar Lomba, outro dos militantes socialistas –colaborador do GC— que tamén está neste grupo.

 

Máis adhesións de socialistas

 

Polo momento, estes militantes puxeron en marcha unha xestora e agardan que nos vindeiros días se sumen outros militantes, non só de Vigo, senón tamén de outros puntos de Galicia. Son os sectores máis galeguistas e esquerdistas do PsdeG e, por iso, comezarán conversas con outras correntes para intentar chegar a un acordo de tipo político e que se poida consolidar nalgún tipo de “alianza electoral”. 

 

Este colecitivo xa remitiu unha misiva a Encontro Irmandiño para iniciar conversas formais e ver a posibilidade de articular un “fronte común”, na liña do expresado por Xosé Manuel Beiras na asemblea que este grupo celebrou a pasada semana cando decidiu excindierse do BNG.

 

Por outra banda, tampouco descartan manter conversas con outros colectivos próximos aos movementos sociais, como o movemento do 15M ou os ecogaleguistas. E é que varios dos integrantes deste sector traballan estreitamente co movemento ‘Stop deshaucios’.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 65 comentarios

21 Eu PTG

Eu estou polo PTG (Partido dos Traballadores Galegos)

1 Peteiro

PT (Partido da Terra) chega.

2 artur

eu xa estiven militando nel cando perdiamos o cú por Mao (que hai que télos ben postos...): deixeino cando comprobei que se fodia mais na Liga CR (de aí que o subnormaleta-vi asamble de Carlos Príncipe saira tan fodedor- do próximo -)

20 Hermanager

Novas tendencias na arquitectura nacionalista galega. Xa non se leva o bloque, agora triunfa o "trencadís".

1 Josep Maria Jujol

:DDD

19 lagarto

É como se van a xuntar os do PSOE cos de Causa Gz cos Irmandiños co PNG e con Aymerich? Iso pode ser de tolos hahahaha

1 Xanti

Estas a dicir co BNG era unha organización de tolos?

2 zarzuela palace

E que sen cementos pakorro non hai bloque que aguante.

3 Manuel P.

Cementos pacorro une todo ¿Como farán o caldo galego sen unto?... A partires dagora comerán cocido madrileño. Madan truco cos upeGALLOS desnortados e de bo vivir

4 anonimo

Moi bo Manuel!!

18 Antonio

Aquí no hay ni grupo ni nada. Son Oscar con sus teimas, su jefe Marcial y dos familiares de Oscar. Desde luego cada persona tiene todo el derecho a hacer lo que quiera. Lo que es inmoral es mentir. estos, lo único que buscan es un protagonismo que son incapaces de obtener por sus méritos. Ni galeguismo ni farrapos de gaitas.

17 Gamela

Pois sería intelixente -nestes momentos- achegarse ao programa político do movemento 15M (a folla de ruta non é mala como programa a curto prazo) outra cousa ben distinta é esa "manía" que teñen algúns de figurar sempre nunha LISTA para arranxar as súas vidas! Semella que algúns están xa fartos de agardar TURNO! Outra cousa ben distinta é o que pensan facer ao día seguinte... Outra "CoaliciónGalega" NON Grazas!

1 DonaUrraca no seu castelo

Eu non sei que sabes ti de Coalición Galega. Eu sei que na primeira vez que se presentou, lo de ser constituida, acadou 13 concelleiros, se non me lembro mal. Por que rematou tan axiña?(ainda que en teoría siga existindo), pois pola ambición dos que viñan de Centro Democrático, por exemplo.Sen ese nefasto compoñente, hoxe Galiza estaria gobernada pola esquerda; porque Glicia é de esquerdas, non si?

2 lagarto

faime moita gracia o do 15M, eu participei dese movemneto e o que atacabamos principalmente era a clase político, estabamos en contra das súas medidas e por moito que veñan a meterse nas asembleas non nos van comprar os votos. Xa me jodeu bastante que se metera IU, como para que se metan os resentidos do PSOE

3 Gamela

Pois iso mesmo é o que digo: outra CoaliciónGalega onde estean a puñaladas por ver quen ocupa o sillón... non gracias! Polo que respecta ao 15M en Galicia tivo a súa coña ver como pasaron de ser criticados por tódolos partidos (cada un á súa maneira) a facerlle a pelota ao redor das eleccións (xerais) Mesmo en Vigo Abel Caballero conseguiu a súa "foto cos indignados" prometéndolles un local (que rexeitaron ao decatarse da faena!) Por iso penso que se houbera algún "político" a tempo completo que quixera tomar nota da folla de ruta do 15M en Galicia poderíamos SUMAR en lugar de darlle as costas ao único movemento cidadá que existiu nos últimos 30 anos (descontando o voluntariado do Prestige)! Mirade este artigo a ver que vos parece! "El 15M es Gente, no un super héroe" http://ramonpaz.blogspot.com/2012/0... Pois, iso, canta máis XENTE mellor será para todxs !!!