Marcha o sector máis galeguista e esquerdista do PSdeG

Preto de 20 socialistas críticos de Vigo pedirán a baixa deste partido fartos do “anquilosamento” da estrutura orgánica do PSOE. Comezarán conversas con outras correntes para intentar artellar un fronte “galeguista e de esquerdas”.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 15/02/2012 | Actualizada ás 22:07

Comparte esta noticia

A situación convulsa que vive o nacionalismo galego tamén salpica ao PsdeG. Un nutrido grupo de militantes socialistas de Vigo, do chamado sector crítico, acaba de constituir unha xestora para abandonar este partido. Polo momento son preto de 20 militantes procedentes de Esquerda Galega, Esquerda Socialista e dos sectores galeguistas que no seu día apoiaron a Miguel Barros.

Neste grupo atópase Marcial Martínez, que foi concelleiro socialista en Vigo, e que, desde hai algún tempo consideraba que a convivencia no PSOE se fai “insoportable”. “Este partido cada vez é mais centralista e menos esquerdista”, comenta Óscar Lomba, outro dos militantes socialistas –colaborador do GC— que tamén está neste grupo.

 

Máis adhesións de socialistas

 

Polo momento, estes militantes puxeron en marcha unha xestora e agardan que nos vindeiros días se sumen outros militantes, non só de Vigo, senón tamén de outros puntos de Galicia. Son os sectores máis galeguistas e esquerdistas do PsdeG e, por iso, comezarán conversas con outras correntes para intentar chegar a un acordo de tipo político e que se poida consolidar nalgún tipo de “alianza electoral”. 

 

Este colecitivo xa remitiu unha misiva a Encontro Irmandiño para iniciar conversas formais e ver a posibilidade de articular un “fronte común”, na liña do expresado por Xosé Manuel Beiras na asemblea que este grupo celebrou a pasada semana cando decidiu excindierse do BNG.

 

Por outra banda, tampouco descartan manter conversas con outros colectivos próximos aos movementos sociais, como o movemento do 15M ou os ecogaleguistas. E é que varios dos integrantes deste sector traballan estreitamente co movemento ‘Stop deshaucios’.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 65 comentarios

16 Movementopoloposto

UPGAK FORA DA GALIZAK

1 xzws

Acouga, que de momento só gañachedes 15 socialistas.

2 entreoscarballos

U U UPG

3 Roi

UPG, Unión de Purificadores Galegos....ja ja ja

15 independentista

e entom que passa com Causa Galiza?

1 Sr_J

Que tem isto a ver com Causa Galiza?

2 Sr_J

Quero dizer, Causa Galiza que se preocupe de chegar a um acordo com o EI, se assi o considera oportuno (eu espero que si). E que nom perda tempo em ruxe-ruxes sobre se hai uma dúzia de descontentos no PSOE de Vigo que disque procuram "alianzas eletorais" com outros setores...

14 Bruar

Si é que cando non se quere escoitar, simplemente non se escoita. Dende fai meses algúns levamos dito aquí e fóra de aquí que ou o PSdG se quita complexos é rémoras estilo Paco Vázquez ou NUNCA será o PSdG alternativa en alza ao PP. Non se quixo escoitar e, ben seguro, tampouco se escoitará agora. Máis nestes tempos de mudanza e renovación de espazos, máis lle valería tomar boa nota de que o único futuro que pode desbancar ao PP do goberno é mostrarse alternativa ao españolismo, centralismo e negacionismo do PP. Xuntar esforzos para facer presente e futuro. Galicia desperta, os galegos podemos gobernarnos sin partidos con intereses en Madrid e non na nosa Terra.

13 Xanti

mi mah!

12 Aymerich !!!

Gorbatxev a Honecker: "A quem chega tarde a vida castiga-o" ...

1 Xan d¨Outeiro

Efectivamente. Aymerich, teño esa impresión, vai chegar tarde. En política é un factor determinante controlar os tempos. Se pensa irse do BNG que o faga xa. Que é iso de esperar un mes cando os restantes elementos da alternativa de Cambio que el capitaneaba xa se está marchando día a día?

2 Xan d¨Outeiro

Efectivamente. Aymerich, teño esa impresión, vai chegar tarde. En política é un factor determinante controlar os tempos. Se pensa irse do BNG que o faga xa. Que é iso de esperar un mes cando os restantes elementos da alternativa de Cambio que el capitaneaba xa se está marchando día a día?

3 Porque

É unha cuestión estatutaria de +G. Existe un prazo de convocatoria dun mes. Nese senso, pode ser que EI debese ter concordado mellor os tempos con +G. Ou artellar unha fórmula para convocar antes. Eu tamén son partidario de tomar a decisión canto antes e cubrirte as espaldas fronte unhas eleccións anticipadas (que non sería raro vendo como está a oposición ao PP en Galiza nestes momentos)

4 Un de +G

Mira, a cousa é así de sinxela. Aymerich está esperando, porque as decisións, cando se toman con seriedade, hai que meditalas, e sobre todo hai que ter unha alternativa. Mais Galiza ten 20 alcaldes e haberá que darlles unha salida non? Ou marchamos todos e deixamolos a eles empendengados. Xan, a maior parte dos integrantes de cambio seguimos dentro do BNG (até o dia 11 de Marzo), pero trantando crear unha alternativa real e tratando de darlle apoio e saída ós que teñen que ser os nosos referentes. Marchando de un en un, flaco favor lle faríamos á alternativa de cambio. ¡Pacencia que xa falta pouco!

5 Un da aldea

Ademais, dame que xa todo está planificado, o novo partido político faráse público poucos días despois do 11 de marzo. De momento todos están á espera de +G, e Aymerich terá que negociar unha saída que non rompa polos aires as 20 alcaldías de +G.

6 anonimo

Moitos alcaldes de +Galiza xa dixeron que non se van do BNG.(Rianxo, Monforte,e algún mais que non recordo). Por tanto a saída cada vez xa é para menos, e é verdade que así créase mais incertidumbre. (dígoo visto desde fora)De todas maneiras estou dacordo que cada un debe facelo como estime oportuno.