Marcha o sector máis galeguista e esquerdista do PSdeG

Preto de 20 socialistas críticos de Vigo pedirán a baixa deste partido fartos do “anquilosamento” da estrutura orgánica do PSOE. Comezarán conversas con outras correntes para intentar artellar un fronte “galeguista e de esquerdas”.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 15/02/2012 | Actualizada ás 22:07

Comparte esta noticia

A situación convulsa que vive o nacionalismo galego tamén salpica ao PsdeG. Un nutrido grupo de militantes socialistas de Vigo, do chamado sector crítico, acaba de constituir unha xestora para abandonar este partido. Polo momento son preto de 20 militantes procedentes de Esquerda Galega, Esquerda Socialista e dos sectores galeguistas que no seu día apoiaron a Miguel Barros.

Neste grupo atópase Marcial Martínez, que foi concelleiro socialista en Vigo, e que, desde hai algún tempo consideraba que a convivencia no PSOE se fai “insoportable”. “Este partido cada vez é mais centralista e menos esquerdista”, comenta Óscar Lomba, outro dos militantes socialistas –colaborador do GC— que tamén está neste grupo.

 

Máis adhesións de socialistas

 

Polo momento, estes militantes puxeron en marcha unha xestora e agardan que nos vindeiros días se sumen outros militantes, non só de Vigo, senón tamén de outros puntos de Galicia. Son os sectores máis galeguistas e esquerdistas do PsdeG e, por iso, comezarán conversas con outras correntes para intentar chegar a un acordo de tipo político e que se poida consolidar nalgún tipo de “alianza electoral”. 

 

Este colecitivo xa remitiu unha misiva a Encontro Irmandiño para iniciar conversas formais e ver a posibilidade de articular un “fronte común”, na liña do expresado por Xosé Manuel Beiras na asemblea que este grupo celebrou a pasada semana cando decidiu excindierse do BNG.

 

Por outra banda, tampouco descartan manter conversas con outros colectivos próximos aos movementos sociais, como o movemento do 15M ou os ecogaleguistas. E é que varios dos integrantes deste sector traballan estreitamente co movemento ‘Stop deshaucios’.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 65 comentarios

11 León Gallego

Pues nada, a seguir así. A este paso la izquierda política pasará a llamarse siniestra total. En el PP van a convocar elecciones mañana y otra vez mayoría absoluta.

1 Tigre Galego

The Popular Party should be your preferred option, Galician Lion (sorry: Spanish Lion who lives in the province). After all, that is the only really Spanish party. Long live to bullfighting, bailaoras and the persecuted Castilian language in Galicia! Desculpe vostede, León españolito de provincias, mais: a que iso do PP defendendo Egpaña, Contador e Nadal mola?

2 artur

e ti do mais feliz, rato español...

10 Conspiranoico

Nun intre histórico onde o PP extermina toda a economia galega(caixas, empresas, sector público...) non sería raro que a burguesia do País montase un nacionalismo light para defender os seus intereses, cecais alguén está poñendo pasta.

1 DESPERTAR

Asi,en canto menos ten que acontecer. Ogollá chegue ese día, antes de que os Galegos vendidos a Madrid, isos que dalle o mesmo aniquilar estar terra, (ese tipo de galego que venden a sua nai o seu pai por un prato de comida) desperten, antes que os leve por diante.

9 PérezConstanti

Segundo fontes ben informadas, o Scretariado Político da UPG acaba de constituirse en aemblea permanente e con carácter indefinido.

8 Un vello galeguista

Isto debera ter ocorrido xa tempos ha. Xa é sabido que o PSOE de nacionalista-galeguista non ten nada. Tamén se coñece o que lle ocorria a Touriño cos madrileños cando gobernaba na Xunta. O ideal seria unha confluencia da xente de Beiras con +Galiza + PNG-PG con esta xente socialista. conformarían unha opción política seria e de futuro. Aí podiamos vernos moita xente que hoxe anda desperdigada polo mundo nacionalista-galeguista. Adiante pois.

7 OporteirodePérezConstanti

Segundo fontes ben informadas, o Scretariado Político da UPG acaba de constituirse en aemblea permanente e con carácter indefinido.

1 R.C.

Que quere dicir que...? (intrigado me deixaches)