Marcha o sector máis galeguista e esquerdista do PSdeG

Preto de 20 socialistas críticos de Vigo pedirán a baixa deste partido fartos do “anquilosamento” da estrutura orgánica do PSOE. Comezarán conversas con outras correntes para intentar artellar un fronte “galeguista e de esquerdas”.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 15/02/2012 | Actualizada ás 22:07

Comparte esta noticia

A situación convulsa que vive o nacionalismo galego tamén salpica ao PsdeG. Un nutrido grupo de militantes socialistas de Vigo, do chamado sector crítico, acaba de constituir unha xestora para abandonar este partido. Polo momento son preto de 20 militantes procedentes de Esquerda Galega, Esquerda Socialista e dos sectores galeguistas que no seu día apoiaron a Miguel Barros.

Neste grupo atópase Marcial Martínez, que foi concelleiro socialista en Vigo, e que, desde hai algún tempo consideraba que a convivencia no PSOE se fai “insoportable”. “Este partido cada vez é mais centralista e menos esquerdista”, comenta Óscar Lomba, outro dos militantes socialistas –colaborador do GC— que tamén está neste grupo.

 

Máis adhesións de socialistas

 

Polo momento, estes militantes puxeron en marcha unha xestora e agardan que nos vindeiros días se sumen outros militantes, non só de Vigo, senón tamén de outros puntos de Galicia. Son os sectores máis galeguistas e esquerdistas do PsdeG e, por iso, comezarán conversas con outras correntes para intentar chegar a un acordo de tipo político e que se poida consolidar nalgún tipo de “alianza electoral”. 

 

Este colecitivo xa remitiu unha misiva a Encontro Irmandiño para iniciar conversas formais e ver a posibilidade de articular un “fronte común”, na liña do expresado por Xosé Manuel Beiras na asemblea que este grupo celebrou a pasada semana cando decidiu excindierse do BNG.

 

Por outra banda, tampouco descartan manter conversas con outros colectivos próximos aos movementos sociais, como o movemento do 15M ou os ecogaleguistas. E é que varios dos integrantes deste sector traballan estreitamente co movemento ‘Stop deshaucios’.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 65 comentarios

1 Pedro P

Ala!!! xa se lle adiantaron ao Aimerych... Este rapás non espabila....