Iggy Pop e David Guetta eclipsan o Monte do Gozo

A 'Muñeira' eléctrica de Baiuca quentou os motores do espectáculo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2019 | Actualizada ás 21:11

Comparte esta noticia

O peche do festival O Son do Camiño prometía non defraudar ás máis de 30.000 persoas asistentes e non o fixo nunha tarde na que a 'Muñeira' eléctrica de Baiuca quentaba os motores dun espectáculo no que Iggy Pop e David Guetta eclipsaron os asistentes.

O Son do Camiño
O Son do Camiño | Fonte: Europa Press

E é que aínda era de día no auditorio do Monte do Gozo cando Vetusta Morla subiu ao escenario. Parecía que ía ser un concerto tranquilo. pero o seu cantante 'Pucho' fixo cantar e brincar o público, co que baixou a bailar.

O prato forte chegaba minutos despois. Pese ao pase dos anos, xa son 72, Iggy Pop volveu saír sen camiseta ao son do célebre 'I wanna be your dog', dos Stooges. Seguiron os clásisos e á terceira xa entoou 'The passenger'. Tamén David Guetta conquistou o público.

Antes, no escenario principal tocaron The Hives, Electric Pyramid e Ortiga, mentres que no escenario Galicia Mordem, Baiuca, Familia Caamagno, Full, Bad Gyal, Ayax e Prok e Eme DJ, que foi o encargado de pechar os tres días de festa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta