Temas: BNG BARREIROS

A nova alcaldesa de Barreiros mostra a súa preocupación pola situación económica do concello

A rexedora, Ana Ermida, que puxo fin a 40 anos de hexemonía popular neste municipio asegurou que "hai moito que facer" no Consistorio e, en primeiro lugar, considerou necesario coñecer o estado das contas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2019 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

A nova alcaldesa de Barreiros, a nacionalista Ana Ermida, mostrouse este luns "preocupada" non só polo urbanismo que no seu día levou ao xa exalcalde popular, Alfonso Fonte Parga, a ser xulgado e absolto, senón tamén pola situación económica do concello.

A rexedora que puxo fin a 40 anos de hexemonía popular neste municipio asegurou que "hai moito que facer" no Consistorio e, en primeiro lugar, considerou necesario mellorar a "situación económica".

"Para que algo funcione hai que coñecer o estado das contas. Iso é o primeiro que imos mirar e, despois, non se lle escapa a ninguén que temos o verán enriba e Barreiros é un concello onde a tempada de verán é moi importante", manifestou.

Ana Hermida asegurou que o aspecto económico "é unha das cuestións" que máis lle preocupan porque "interfere" de forma "moi importante no funcionamento diario".

Ante iso, o goberno local, que integran nacionalistas e socialistas, reunirase co persoal "para coñecer de primeira man como é a situación a día de hoxe". "Haberá que analizar minuciosamente cada céntimo que se gasta e realizar todos os contratos, convenios ou acordos que poida haber para tentar facer unha xestión eficaz e que poida redundar nun funcionamento mellor", indicou.

A alcaldesa de Barreiros descoñece a canto ascende a débeda, "é unha cuestión complicada porque sabemos que hai un préstamo de pago a provedores quedando por amortizar sobre dous millóns de euros", concretou.

A iso, sumou "as facturas sen pagar, e ver si hai préstamos para ter liquidez". "Son cuestións que teremos que analizar cos servizos técnicos. Falamos de contías moi importantes para un concello que ten un orzamento de catro millóns de euros", apuntou.

Ana Ermida co seu equipo do BNG de Barreiros
Ana Ermida co seu equipo do BNG de Barreiros | Fonte: XdM

Temas: BNG BARREIROS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta