Gonzalo Caballero cre que Bugallo buscará a forma "máis adecuada" para dar catro anos de progreso a Santiago

O secretario xeral do socialistas galegos asegurou que o PSdeG é un "partido de esquerda" que "vai gobernar coas forzas de esquerda" alí onde sexa posible. "

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2019 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considerou que o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, buscará a "forma de gobernabilidade máis adecuada" para dar catro anos de avance e progreso á capital galega.

Así se pronunciou o xefe de filas dos socialistas galegos preguntado sobre a posibilidade de que outras forzas de esquerda, como o BNG, entren nun futuro no goberno do que xa foi rexedor do municipio durante máis dunha década.

Respecto diso, Gonzalo Caballero asegurou que o PSdeG é un "partido de esquerda" que "vai gobernar coas forzas de esquerda" alí onde sexa posible. "Abrimos as portas para traballar nos gobernos ou ben en acordos de lexislatura á marxe dos gobernos en cada concello onde haxa maiorías de progreso", indicou.

O dirixente do PSdeG asegurou que esa "foi a orientación" que o Partido Socialista tivo nas sesións constitutivas do concello do pasado sábado, xornada na que o PSdeG "impulsou gobernos de progreso fronte a gobernos do PP e de retroceso". "E en cada un dos concellos hai peculiaridades, especificidades que os compañeiros que están á fronte son os que teñen que xestionalo co maior acerto", manifestou.

Neste contexto, subliñou que Xosé Sánchez Bugallo conta con "toda a confianza" porque "alcanzou un magnífico resultado na cidade" e coñece a "política municipal de Santiago mellor que ninguén". "El xa gobernou con outras forzas de esquerdas e estou convencido de que buscará a forma de gobernabilidade máis adecuada para darlle catro anos de avance e de progreso á capital de Galicia", apuntou.

Caballero (PSdG)insta a Feijóo a comparecer con Jácome e Baltar para explicar o seu pacto para as institucións de Ourense
Caballero (PSdG)insta a Feijóo a comparecer con Jácome e Baltar para explicar o seu pacto para as institucións de Ourense | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta