Enxeñeiros agrónomos querélanse contra a coordinadora de sanidade vexetal en Pontevedra por "falsidade" no currículo

A Asociación de Enxeñeiros Agrónomos do Estado (Aniade) presentou querela contra a coordinadora de Sanidade Vexetal dependente da Subdelegación do Goberno en Pontevedra por suposta "falsidade en documento oficial e de uso de certificación falsa para obter o seu posto de traballo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2019 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

A Asociación de Enxeñeiros Agrónomos do Estado (Aniade) presentou querela contra a coordinadora de Sanidade Vexetal dependente da Subdelegación do Goberno en Pontevedra por suposta "falsidade en documento oficial e de uso de certificación falsa para obter o seu posto de traballo.

Cultivo de pementos de Padrón
Cultivo de pementos de Padrón | Fonte: web da DOP Pementos de Herbón

A asociación explica que tomou esta decisión ao achegar esta persoa "un documento acreditativo presuntamente falso" sobre o recoñecemento necesario para realizar controis fitosanitarios, así como da traxectoria profesional na materia.

De feito, denuncia que esta persoa non conta coa titulación universitaria académica "necesaria" para realizar as inspeccións de sanidade vexetal para poder exercer de maneira efectiva o seu traballo.

Ademais, censura "a falta de dilixencia da Administración", "moi coñecedora deste asunto mesmo desde antes da súa adxudicación en marzo de 2018 e que, con todo, preferiu non facer ningunha actuación, aínda sabendo que os principios de mérito e capacidade para obter este posto estarían cuestionados, así como a eficacia no servizo público".

"Do mesmo xeito que para exercer de cirurxián se esixe o título universitario de Medicina e a súa formación específica, da mesma maneira a inspección de sanidade vexetal necesita profesionais formados coa titulación universitaria necesaria para realizar e coordinar as inspeccións correspondentes", avisan.

Por todo iso, remarcan a necesidade de "profesionalidade" en sanidade vexetal para combater pragas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta