O custo laboral subiu no primeiro trimestre un 3,2% en Galicia

Os salarios subiron un 2%, ata unha media de 1.663,01 euros, e rexistráronse máis de 4.400 postos de traballo vacantes.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/06/2019 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

O custo laboral medio por traballador e mes (que inclúe as remuneracións e as cotizacións sociais) ascendeu a 2.317,95 euros no primeiro trimestre en Galicia, o que supón un repunte do 3,2% respecto ao mesmo período de 2018 e a segunda comunidade española onde máis se incrementou, só por detrás de Estremadura e igualada coa Rioxa, segundo informou este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Aínda así, o custo laboral en Galicia continúa sendo inferior á media española, que se situou nos tres primeiros meses de 2019 en 2.550,27 euros, grazas a un repunte do 2,1%.

O custo laboral componse do custo salarial e doutros custos. Entre xaneiro e marzo, o custo salarial (que comprende todas as remuneracións, tanto en metálico como en especie) subiu un 2% respecto ao primeiro trimestre de 2018 en Galicia, situándose en 1.663,01 euros por traballador e mes.

Os outros custos (custos non salariais) alcanzaron ata marzo os 654,94 euros, cunha alza interanual do 6,5%. O compoñente máis importante dos outros custos son as cotizacións obrigatorias á Seguridade Social.

O INE informou ademais de que no primeiro trimestre rexistráronse 4.414 vacantes de emprego, entendidas estas como un posto de traballo creado recentemente ou que non está ocupado ou que está a piques de quedar libre e para o que o empresario está a tomar medidas activas para atopar un candidato alleo á empresa.

ESTATAL

A nivel nacional, o custo laboral medio por traballador e mes subiu un 2,1%, ata 2.550,27 euros no primeiro trimestre, a súa maior alza en cinco anos, segundo os mesmos datos do INE. Con este aumento interanual, o custo laboral encadea sete trimestres consecutivos en positivo. A do primeiro trimestre de 2019 foi a maior subida interanual desde o cuarto trimestre de 2013, cando o custo laboral tamén avanzou un 2,1%.

A fabricación de vehículos en España cae un 16% no mes de abril. GRUPO PSA - Arquivo
A fabricación de vehículos en España cae un 16% no mes de abril. GRUPO PSA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta