Temas: FOLGA 061

O persoal do centro de chamadas do 061 suspende as protestas

Confírmase que percibirán un 15 por cento de incentivos salariais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2019 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O cadro de persoal do Grupo Norte, empresa que xestiona a central de chamadas do 061, decidiu suspender as mobilizacións previstas tras confirmar que percibirán un 15 por cento de incentivos salariais, segundo se recolle nos pregos do concurso para adxudicar o servizo.

061.
061.

A CIG tiña previstas mobilizacións este mércores na Xunta e a próxima semana ante o Concello da Estrada. En concreto, decidiron retomar as mobilizacións en maio para reclamar o pago de incentivos, que pasaran do 15 ao 10 por cento "por decisión unilateral da empresa".

Así, avanzaron que seguirán coas negociacións e as medidas xudiciais "oportunas" co obxectivo de recuperar o 10 por cento de soldo perdido nestes dous anos.

Temas: FOLGA 061
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta