Investigadas dúas persoas en Negreira por ter cinco cans en "condicións deplorables"

Un particular informou á Garda Civil de que nunha cuadra se atopaban "dous cachorros mortos e un agonizando dentro dun pequeno espazo acoutado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2019 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Noia procedeu a investigar a dous veciños da localidade coruñesa de Negreira pola tenencia de cinco cans "en moi malas condicións hixiénico sanitarias", a falta de atención e manutención dos mesmos, así como "deixar morrer a tres cachorros".

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon tras informar un particular á Garda Civil de que nunha cuadra "se atopaban dous cachorros mortos e un agonizando dentro dun pequeno espazo acoutado". Tamén avisou da presenza dun can raza labrador noutro espazo "moi reducido para o tamaño o animal", engaden as mesmas fontes.

Por todo iso, a Garda civil trasladouse cara ao lugar onde se achaban os animais, onde constatou que os cans se atopaban "nuns pequenos cubículos cheos de excrementos, sen limpeza, nin ventilación ou auga dispoñible". "A pouca comida que se atopaba ao alcance dos animais atopábase en estado de putrefacción e chea de fungos", abundou a Benemérita.

Ante a "gravidade dos feitos", destaca o Instituto Armado, e xunto coa Policía Local de Negreira, persoal veterinario e do Concello da mesma localidade, aprehendéronse todos os animais e trasladáronse a unha clínica veterinaria.

Alí elaborouse un informe no que se pon de manifesto as "condicións hixiénico-sanitarias deplorables" nas que se atopaban os animais, "circunstancias que menoscababan gravemente a vida, saúde e integridade animal dos cans", subliñan as mesmas fontes.

Os animais aprehendidos eran para pór á venda, asegura a Garda Civil, e "unha das sospeitosas xa foi investigada por malos tratos animais tras poñer á venda en portal de Internet un can enfermo", por falsidade documental ao empregar fotografías de criadeiros autorizados e estafa pola venda de cans mestizos tras indicar que eran de raza.

Comandancia Garda Civil Pontevedra
Comandancia Garda Civil Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta