Temas: IGE INE GALICIA DATOS

Sofía e Mateo, os nomes máis frecuentes das nenas e nenos de Galicia

Non hai ningún nome galego entre os 10 primeiros postos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2019 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

Sofía e Mateo foron os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia en 2018, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

No caso das nenas, Sofía mantense por terceiro ano consecutivo como o nome máis posto en Galicia. Mentres, Mateo (310 nados con ese nome) desbanca en 2018 do primeiro posto a Martín (307) como o máis usado.

Pola súa banda, Noa (186 veces) e Daniela (184) foron o segundo e terceiro nome máis posto en nenas galegas en 2018. Séguenlles na clasificación dos 10 primeiros nomes, por orde: Daniela, Martina, Sara, Valeria, Alba, Emma, Lara e Lucía. Nin Carmen nin María están entre os 10 nomes máis comúns.

No tocante a eles, en terceiro posto atópase Lucas (272 nenos). Do cuarto ao décimo lugar están: Hugo, Leo, Daniel, Manuel, Pablo, Gael e Enzo.

Así, dáse a circunstancia de que ningún nome galego está entre os 10 máis postos en Galicia en 2018. Os datos que ofrece este mércores o INE só son do 'top 10', en anos pasados na estatística que ofrece posteriormente o Instituto Galego de Estatística (IGE) incluíanse nomes galegos entre os postos 10 e 20 como Antía, Uxía, Brais ou Antón.

Así deberían ser as primeiras horas de vida dun bebé. ISTOCK
Así deberían ser as primeiras horas de vida dun bebé. ISTOCK | Fonte: Europa Press

Temas: IGE INE GALICIA DATOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta