O delegado do Goberno ve un "bo acordo" o alcanzado con Partner porque manterá o emprego e a actividade de Alcoa

Javier Losada móstrase "convencido" de que os traballadores terá "toda a información" sobre o acordo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/06/2019 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, cualificou de "bo acordo" o alcanzado entre a multinacional produtora de aluminio Alcoa e o fondo suízo Parter Capital para o traspaso das plantas da primeira na Coruña e Avilés (Asturias). A preguntas dos xornalistas nun acto na Coruña, Losada deu o visto e prace a este acordo porque, segundo destacou, "mantén o emprego e a actividade industrial".

Losada destacou o labor realizado desde o Goberno central na defensa dos postos de traballo. Unha defensa que, segundo sostén, fíxose "de forma decidida, dialogando e con total transparencia e con consenso" de todos as partes implicadas neste conflito.

"Presentáronse varias empresas que fixeron as súas propostas e o Goberno dixo que Partner é a que cumpre todos os requisitos e demandas", dixo Losada, que se mostra "convencido" de que os traballadores terá "toda a información" sobre este acordo. Un acordo que, di, terá o visto e prace dos Gobernos autonómicos e do Executivo central. "Creo que vai ser favorable", afirma.

Industria subliña que a única oferta negociada para comprar as plantas de Alcoa é a de Parter Capital. MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO
Industria subliña que a única oferta negociada para comprar as plantas de Alcoa é a de Parter Capital. MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta