Empresas agroalimentarias galegas promocionarán a "Marca Galicia" en Estados Unidos

Estarán presentes no encontro 'Summer Fancy Food', un evento que terá lugar en Nova York desde o domingo 23 de xuño ata o martes 25.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2019 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Unha delegación da Xunta viaxará a próxima semana a Estados Unidos xunto a un grupo de 14 empresas agroalimientarias e á Cámara de Comercio da Coruña para promocionar a "marca Galicia" nunha feira internacional da industria da alimentación.

Trátase da 'Summer Fancy Food', un evento que terá lugar en Nova York desde o domingo 23 de xuño ata o martes 25, segundo informa a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través dun comunicado.

A feira, "escaparate do 'sector gourmet' da costa este de Estados Unidos", acolleu a un total de 2.600 expositores procedentes de 54 países. Este ano, Galicia estará representada coas 'casetas' de seis empresas que promocionarán viños, produtos apícolas e conservas.

Ademais, a Xunta tamén informa de que, paralelamente a este evento, está prevista outra "misión comercial multisectorial" en Estados Unidos que se desenvolverá entre o 22 e o 29 de xuño.

Segundo sinala o Goberno galego, o obxectivo destas accións é "impulsar a internacionalización do tecido produtivo galego e buscar novas vías de investimento e colaboración para as empresas dos sectores participantes".

Agricultura
Agricultura | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta