A Garda Civil investiga un veciño do Salnés por expolio dun niño de peneireiro e levar catro pitos

As pescudas levaron a rexistrar un establecemento de cetraría cuxo responsable entregou voluntariamente o catro pitos, que foron devoltos ao seu niño a través dunha "delicada manobra".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2019 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a un veciño da comarca pontevedresa do Salnés como suposto autor dun delito contra a fauna por expoliar un niño de peneireiro e levar catro pitos. As crías desta especie protexida incluída no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas como de Interese Especial xa foron devoltas ao seu niño, segundo informa o Instituto Armado este xoves nun comunicado.

As investigacións iniciáronse a pasada semana, cando axentes do Seprona de Vilagarcía de Arousa tiveron coñecemento de que un niño de peneireiro fora expoliado nunha casa deshabitada do centro do Grove.

As pescudas levaron á Benemérita a rexistrar un establecemento de cetraría da comarca do Salnés, cuxo responsable entregou voluntariamente o catro pitos, que foron devoltos ao seu niño a través dunha "delicada manobra" na que a Garda Civil recibiu o apoio dun axente de Medio Ambiente da Xunta.

E é que o obxectivo desta operación era evitar que sufrisen "calquera tipo de rexeitamento" polos seus proxenitores, segundo informa a Garda Civil. O responsable da cetraría está a ser investigado como suposto autor dun delito contra a fauna e as dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución de Garda de Cambados.

Investigan a un veciño do Salnés por expoliar un niño de peneireiro no Grove e levar catro pitos. GARDA CIVIL
Investigan a un veciño do Salnés por expoliar un niño de peneireiro no Grove e levar catro pitos. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta