Preocupación entre os empresarios coruñeses pola "reconfiguración" do corredor transeuropeo de mercadorías

Trasladaron esta preocupación "pola reconfiguración dos mapas de detalle do corredor transeuropeo de mercadorías, excluíndo dos mesmos a 'E' de Monforte e incluíndo a liña León-Monforte-Vigo-A Coruña".

Por E.P. | A CORUÑA | 20/06/2019 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

Os empresarios coruñeses mostraron a súa preocupación "pola reconfiguración do detalle" do corredor transeuropeo de mercadorías, segundo informan tras a asemblea xeral da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) celebrada este xoves.

En concreto, trasladaron esta preocupación "pola reconfiguración dos mapas de detalle do corredor transeuropeo de mercadorías, excluíndo dos mesmos a 'E' de Monforte e incluíndo a liña León-Monforte-Vigo-A Coruña".

A CEC, que esta tarde celebrou a súa asemblea xeral, entende que o novo mapa "castiga particularmente os intereses da Coruña e Ferrol, retrocedendo a posición das nosas empresas nas redes europeas do transporte".

"Xa que a configuración ferroviaria presentada supón un inexplicable incremento da quilometraxe ao establecer que as mercadorías con destino á capital da provincia han de pasar obrigatoriamente por Vigo", apostila.

Na asemblea, o presidente da CEC, Antonio Fontenla, advertiu tamén que "A Coruña é a provincia que máis emprego xera; a que máis contribúe ao PIB, ao redor da metade do PIB galego, e, en consecuencia, a que crea máis riqueza e cohesión social". E que por iso, "tanto a finalización do AVE como o corredor transeuropeo son actuacións estratéxicas para garantir o futuro das nosas empresas".

PORTO DA CORUÑA - Arquivo
PORTO DA CORUÑA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta