O movemento 'Fridays for Future' protesta contra a construción dunha zona residencial en Oleiros

A presidenta da entidade veciñal, Charo López, trasladou a importancia deste bosque, "o último que está na Ría do Burgo" e por onde pasan "unha chea de aves migratorias", polo que conta cunha gran riqueza e biodiversidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2019 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

Un grupo de veciños e mozos marchan en Oleiros en contra da construción dunha zona residencial no bosque de O Paraíso, nunha convocatoria impulsada desde o movemento 'Fridays for Future'. A comitiva saíu da fábrica de Santa Cristina en dirección á casa piloto e estaba apoiada, entre outros, pola asociación de veciños Paraíso e o BNG de Oleiros.

A presidenta da entidade veciñal, Charo López, trasladou a importancia deste bosque, "o último que está na Ría do Burgo" e por onde pasan "unha chea de aves migratorias", polo que conta cunha gran riqueza e biodiversidade.

Lucía, unha das mozas que participan no movemento de 'Fridays for Future' en Galicia, animou a "crear conciencia" na sociedade e na cidadanía do que "se está facendo na súa contorna". Neste sentido, exemplos como o do bosque de O Paraíso, "aínda que pareza pequeno, suceden a nivel mundial", e "cada árbore menos é un paso" cara á desertización, unha "das moitas patas que ten a crise ambiental", con consecuencias tanto "na limpeza do aire" como na diversidade de espazos naturais.

Bosque de Oleiros
Bosque de Oleiros | Fonte: change.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta