O nomeamento de Carvalho Calero para o Día das Letras Galegas 2020 segue xerando polémica

A Comisión Ferrolterra Carvalho Calero valora a designación, pero critica que chega tarde. Tamén a Mesa destaca o probable nomeamento este sábado do profesor ferrolán.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 21/06/2019 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

A Comisión Ferrolterra Carvalho Calero denuncia o “ostracismo” da figura do do crítico Ricardo Carvalho Calero durante os últimos anos, especialmente, ante a negativa da Real Academia Galega (RAG) para darlle un Día das Letras Galegas.  “Desde 1980, ano de xubilación de Ricardo Carvalho Calero, houbo xente interesada en situar a súa figura nun exilio interior ou ostracismo, situación que se agravaría a raíz do seu falecemento en 1990”, apunta.

Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero | Fonte: Artabra Dixital

Nun comunicado remitido á redacción de Galicia Confidencial, esta entidade destaca que nesa decisión influíu decisivamente o feito de que Carvalho Calero “defenda que o noso idioma forma parte do sistema lingüístico galego-portugués, opción diferente, xa que logo, da oficial”.

A Comisión Ferrolterra Carvalho Calero leva anos organizando actividades diversas encamiñadas a reivindicar a figura deste profesor. De feito, lembra que nos anos 2010, 2011, 2013, 2014, 2015, 2016, 2018 realizaron en Ferrolterra comisións encamiñadas a promover a concesión das Letras Galegas a Carvalho Calero. “Recolléronse sinaturas, organizáronse recitais, conferencias, exposicións..., para que lle fóra dedicado o Día da nosa lingua e cultura a don Ricardo, esgrévio galeguista que ao longo de máis de sete décadas desenvolvera un inmenso labor poético, narrativo, ensaístico, xornalístico, académico, lingüístico, docente, político a prol da Galiza, da nosa lingua e da nosa cultura”, engade.

Por iso, e a pesar das críticas, a súa designación este sábado pola RAG é ben valorada. “Avaliamos como moi positiva esta decisión e facemos votos para que a sociedade ferrolá e a Galiza enteira tiren o máximo proveito desta circunstancia”, indica. E anuncia que, como contributo, publicarán “Hei de entrar no meu povo. Reivindicarmos Carvalho Calero”, libro que, da man da editorial Embora, verá a luz en breve.

A MESA

Por outra banda, a Mesa pola Normalización Lingüística tamén reivindica a figura de Carvalho calero e lembra que, este sábado, “despois de anos de intentos infrutuosos por parte de diversos colectivos e entidades sociais de defensa da lingua e da cultura galegas”, a única candidatura presentada é a do  primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega. Carvalho Calero pechou hai 2 anos pechou en Compostela os encontros que desembocaron na constitución da Mesa pola Normalización Lingüísitica.

POLÉMICA

Tal e como xa adiantou Galicia Confidencial, a designación de Carballo Calero para o Día das Letras Galegas 2020 non está exenta de polémica. A súa candidatura foi presentada por un grupo de académicos afín a actual executiva da RAG en maio. Outro grupo crítico --afín a Ferrin-- tamén presentou días despois a mesma candidatura denunciando aos outros académicos por ter vetado durante anos ao crítico ferrolán. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Realista

Ninguén vai face-lo portugués oficial en Galicia, eso depende de España, e non se van pegar un tiro no pé.

1 Pertom

O galego e o português som variantes dumha mesma língua. Umha norma reintegracionista coas especificidades galegas é perfeitamente viável no atual statu quo, pois nom incumpre ningum ponto do marco legal. Entre os idiomas oficiais está o galego, pero nom se di segundo que normativa, por suposto. De feito, a oficialidade do galego é anterior à aprobaçom do Decreto Filgueira...

3 uu1

Polemica nenhuma. Precisamos a oficialidade da bi normativa. A favor do reintegracionismo falaram entre outros, Murguía, Risco, Castelao, Vilar Ponte, Paz-Andrade, Guerra da Cal ou Carvalho Calero, ademais de coletivos e instituições defensoras da língua como as Irmandades da Fala, o Grupo Nós, o Seminário de Estudos Galegos ou o Partido Galeguista, por não nomear aos ilustrados Feijóo e Sarmiento. O isolacionismo foi introduzido a começos dos 80 oficializando uma normativa de urgência (um atalho) para que o galego se poderá escrever por pessoas que tinham formação exclusivamente em castelhano. Isso era necessário só como transição até que o galego fosse ensinado nas escolas recuperando a variedade histórica-etimológica do galego medieval. Mais uma, hoje precisamos a bi normativa para aproveitar todos os recursos das outras variedades da nossa língua, em especial, a variedade brasileira que representa mais do 75% dos falantes da nossa língua.

2 Gochu

En Portugal non queren saber nada de Galiza, fálaslles en galego e contestan en portuñol. Non gosto da normativa "asturiana" (García, lembran ó Constantino?) da RAG pero non vou mudar á norma portuguesa porque son nacionalista galego e quero unha norma galega, nen madrileña nen lisboeta, galega. A ver se os da AGAL se deciden por unha das tres dunha vez...

1 Caselas

En Vigo, en Tui, en Arbo..., falas en galego e cada vez as respostas son máis en galeñol ou castrapo, logo non te lamentes pola colonización dos portugueses (mesmo os emigrantes retornan falando francés, os preconceitos son moitos e variados, non exclusivos dun lado), nin dos brasileiros que moran na Galiza. Hai un problema serio de educación, cultura, valores..., comezando polo que sofrimos os galegos! Certo, a norma galega actual é a do castelán (o inimigo dentro, sermos dominados e subsidiarios do amo español). Semella castelán, a fonética do galego difundido é a do castelán de Castela (na TVG ou a RG son patétas). Sabemos que a fronteira do galego co portugués é, sobre todo, mental (racial e noxenta, moitas veces) e política (como a do valenciano e catalán, artificial e interesada)

2 Caselas

No rural do Norte de Portugal falan igual, a escola centralista lisboeta tamén separou e fixo estragos na educación. Imos darlle a razón aos lisboetas e madrileños que trazaron a fronteira artificial? Polo empuxe dos emerxentes, de Brasil, de xeito especial, aliados co lado do portugués ou galego-portugués, seremos máis fortes. É unha opción a destacar. O nacionalismo de fronteiras no noso tempo e co abafante e fachendoso nacionalismo español en auxe, é un suicidio para o galego e para a humanidade plural. O paso, aquí e agora, é abrir á libre escolla de normativa (a práctica, o tempo e a economía superarán a fronteira mental).

3 uu1

Certo, em Portugal não querem saber nada do galego! Isto é na Lusitânia (2/3 do Portugal atual), o norte de Portugal é galaico (Gallaecia, o nome de Portugal vem de Porto Cale, porto dos galaicos). Mas a língua galego-portuguesa não se limita a Lusitânia, fala-se na Gallaecia (no norte de Portugal e ainda na Galiza), no Brasil (75% de falantes da nossa língua), Angola, Moçambique, ..., na Argentina não querem saber nada da Espanha ou México,...BI NORMATIVA e aproveitemos dos contidos produzidos no Brasil. Em palavras de Castelao “Logo arribamos ás costas do Brasil, onde os seus habitantes falan un idioma nascido e criado en Galiza, anque todos se empeñen en chamarlle portugués”

1 Ttttt

Carvalho Calero non inventou nada, só seguía as ideas do nacionalismo portugués da época, a quen terían que darlle o premio, sería a Rodrigues Lapa e compañía.

1 Pertom

Ao nacionalismo português interesa-lhe mais invissibilizar qualquer vínculo com Galiza, naçom da Espanha onde naceu a sua língua, para vender-se no mundo coma os pais da língua portuguesa. Deixe de dizer parv*adas