As exportacións galegas volven caer en abril e xa acumulan un 10% de descenso no que vai de ano

Sofre a segunda maior baixada entre comunidades.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2019 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

As exportacións galegas volveron a caer en abril en comparación co mesmo mes de 2018, un 10,7% menos, o que contrasta co aumento medio en España do 3,8%, segundo os datos que publica este venres o Insituto Galego de Estatística (IGE).

En concreto, Galicia rexistrou o segundo maior retroceso en abril entre comunidades, só superado por Castela e León (-15%). En cambio, hai unha evolución positiva nunha decena de comunidades, con Asturias á cabeza (+31,8%).

Deste xeito, Galicia acumula unha baixada no que vai de ano --entre xaneiro e abril-- do 9,8%, tamén é o segundo peor dato en España, pois só Baleares ten maior diminución (-11,8%). Hai unha media de avance do 0,9% en España, co resto de autonomías en cifras positivas.

As exportacións de automóbiles son as que teñen unha maior repercusión negativa en abril nas exportacións galegas, pois baixan 6,9 puntos e supoñen o 19,5% do total. Entre os aspectos positivos atópanse as máquinas e aparellos mecánicos (+31,3%).

As exportacións á UE descenderon un 11,7%, coas baixadas máis acusadas en Bélxica (-43,2%) e Países Baixos (-33,4%) e Italia (-17,7%). Fóra da Unión Europea hai aumento cara a China, pero baixada cara a Estados Unidos.

BAIXADA DE IMPORTACIÓNS

En abril de 2019, en Galicia as importacións diminúen un 5,2% respecto ao mesmo mes de 2018. A maior baixada correspóndese cos automóbiles e a subida é de aparellos e material eléctrico.

No que vai de ano, entre xaneiro e maio, houbo unha subida do 9% das importacións. Aquí a maior achega en positivo tivérona os vehículos e pezas de vestir, mentres as aeronaves contan co descenso máis acusado.

Planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo. EUROPA PRESS - Arquivo
Planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta