Novo partido para defender a identidade das terras do Eo-Navia nas eleccións asturianas

O Partido da Terra presenta candidatura ás eleccións autonómicas asturianas pola comarca do Eo-Navia. Será a primeira vez que un partido centrado nos intereses da comarca e na defensa da lingua galega concorra nas unhas eleccións en Asturias.

Por Galicia Confidencial | Navia | 23/02/2012 | Actualizada ás 09:44

Comparte esta noticia

A Xunta Electoral do Principado das Asturias proclamou hoxe a candidatura presentada polo Partido da Terra para as eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias que terán lugar no próximo 25 de marzo. A candidatura do Partido da Terra Eu-Navia é unha iniciativa plural que integra a persoas vinculadas a distintas colectivos sociais, asociacións culturais e organizacións políticas, a maioría sen conexión algunha co propio Partido da Terra máis alá do interese por dinamizar unha comarca que comparte con Galicia a súa lingua e intereses comúns.

None

 

Por iso, participan como independentes persoas como Ánxel Suárez Alvarez, Luis González Blasco ‘Foz’, Daniel González Vázquez ‘Lavesedo’ ou Alexandre Baños. Segundo informa o PT, a candidatura ten unha “forte compoñente simbólica” para defender “de forma pública, sen medo e sen complexos, a voz das persoas comprometidas cos intereses e coa cultura da Terra Eu-Navia”.

 

Defensa do galego

 

A pesar de que non conta cunha estrutura estábel, o PT confía en que esta candidatura se transforme nunha ferramenta útil para propor novas ideas para e desde o Eu-Navia. Por ese motivo, as próximas semanas partillará as súas propostas con asociacións veciñais, culturais, ambientais e de defensa da lingua da comarca para incorporalas ao seu programa electoral.

 

E é que o galego é falado por aproximadamente o 60% da poboación da comarca, no Eu-Navia existen “graves prexuízos”, segundo o PT, en relación á defensa do galego en Asturias ou galego-asturiano. Por iso, esta formación insiste na necesidade de acabar coa discriminación política e cos ataques mediáticos para que a identidade lingüística da comarca poida desenvolverse en liberdade nun cadro de tolerancia, comprensión e respecto.

 

Os promotores da candidatura recoñecen que é moi improbábel que alcancen o apoio suficiente como para ter unha presenza efectiva na Xunta Xeral do Principado. A disolución do Eu-Navia nunha circunscrición electoral que chega até as portas de Oviedo, así como o feito da circunscrición occidental ter atribuídos só seis deputados, reduce o seu peso político. No entanto, o PT salienta a presentación doutras candidaturas comarcais en Asturias, como a de a AUSEVA-Red no Oriente coa que procurará construír alianzas para futuras convocatórias electorais.

 

Programa

 

O programa do Partido da Terra Eu-Navia presenta un proxecto “democratizador, destinado a transformar o actual sistema parlamentario noutro verdadeiramente participativo e deliberativo”. Por iso, defende o establecemento de fórmulas de participación política directa e dféndese que as paróquias e barrios teñan o maior número de competencias posíbeis e, entre elas, o dereito a decidiren libremente as estruturas administrativas das que queiran formar parte.

 

Tamén se aposta pola fusión dos actuais concellos da Terra Eu-Navia nun só Concello Comarcal, con competencias para a xestión mancomunada dos servizos públicos que as parroquias integrantes queiran delegar. Proponse tamén a plena oficialidade do galego das Asturias nos actuais concellos da comarca e, eventualmente, nas parroquias constituintes do Concello Comarcal, así como a plena oficialidade da lingua asturiana naquelas parroquias onde sexa patrimonial. 

 

Tamén apoia a cooperación política e da sociedade civil para alén das fronteiras administrativas, defendendo o reforzo e establecemento de novos programas conxuntos para o desenvolvemento local, a dotación de servizos ou a conservación do patrimonio, tales como a Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burão.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

1 Oscos

Página da candidatura: http://partidodaterra.net/eunavia/ Facebook do Partido da Terra Eu-Návia: http://www.facebook.com/eunavia

1 Oscos

Notícia em El Comercio ( http://www.elcomercio.es/v/20120222... e La Voz de Asturias ( http://www.lavozdeasturias.es/astur....

2 Akribéstaton

Nenhuma dessas páginas parece estar disponível neste 23-F