Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2019 | Actualizada ás 10:00
“Quedaches Sen Nada” é o primeiro adianto de 'Sol de Inverno', o novo traballo que o músico e compositor galego Rodrigo Ramos está a preparar e que verá a luz tras o verán da man da discográfica Rock Estatal Records. Fai unhas semanas xa publicou unha versión de "Just Like a Woman " de Bob Dylan en colaboración de Eladio Santos, membro de Eladio y Los Seres Queridos.
En “Quedaches Sen Nada”, Ramos colabora con Guadi Galego. É unha canción intimista que trata sobre a depresión e os medos máis profundos que impiden gozar da vida ao ser humano. É unha canción lenta pero intensa cun rexistro vocal sensible acorde coa mensaxe que está a dar. Para o artista, colaborar coa ex membro de Berrogüetto é unha moi boa nova. “É unha das artistas que máis admiro a nivel nacional”, indica.
Ramos iniciou a seu camiño en solitario no ano 2015 tras unha década como compositor e vocalista en diferentes proxectos. O de Sileda aunou todas as súas influencias musicais para sacar á luz no ano 2017 o seu primeiro disco “Mirabas Almas”. Agora, dous anos despois, chegará “Sol de Inverno”, onde afianzará a súa proposta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.