PSOE e Marea Atlántica rachan coa posibilidade dunha coalición e os socialistas gobernarán A Coruña en solitario

Terá que buscar acordos coa oposición para sacar adiante os proxectos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/06/2019 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O PSOE gobernará en solitario no Concello da Coruña, o que lle obrigará, con nove concelleiros —un menos dos que tiña Marea Atlántica— a buscar acordos coa oposición para sacar adiante os proxectos. "Non vai haber coalición de goberno", aseguraron fontes tras a última reunión mantida por representantes de ambos os grupos políticos.

Inés Rey nun acto do PSOE da Coruña
Inés Rey nun acto do PSOE da Coruña | Fonte: cadenaser.com

Nos últimos días, Marea Atlántica pedía aos socialistas "concreción" nas súas propostas de cara a lograr un acordo de gobernabilidade. Tras a última reunión, fontes confirmaron que, polo menos, por agora, non haberá coalición de goberno.

O acordo de gobernabilidade unicamente subscribírono os socialistas co BNG. En concreto, a alcaldesa, Inés Rey, e o portavoz do grupo muninicipal do BNG, Francisco Jorquera, subscribiron a principios desta semana un acordo no que, entre outras cuestións, se inclúen aspectos vinculados coa fachada marítima ou a mobilidade.

Desde o BNG, Jorquera rexeitou a posibilidade de entrar no goberno, algo que tampouco daría unha maioría para garantir a gobernabilidade nunha corporación municipal que, tras as eleccións municipais, quedou integrada por nove edís do PSOE, os mesmos que os do PP; seis de Marea Atlántica; dous do BNG e un de Ciudadanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta