Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2019 | Actualizada ás 20:39
Máis do 91 por cento dos alumnos que realizaron a ABAU, a chamada 'nova selectividade', logrou superar as probas na comunidade galega. A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) publicou este venres as notas provisionais das probas de acceso á universidade.
Dos 11.396 matriculados, finalmente presentáronse uns 11.289 estudantes tanto á parte obrigatoria como voluntaria das probas, o que supón un 98,98 por cento.
Deste dato, uns 9.858 presentáronse á parte obrigatoria da ABAU, resultando aptos 9.017, un 91,46 por cento, segundo as cifras provisionais trasladadas pola CIUG.
As notas definitivas non se publicarán ata o próximo 4 de xuño, e previamente abriranse prazos de presentación de solicitude de segunda corrección e de reclamacións.
Por estas datas, no ano 2018, tamén se daban a coñecer os resultados provisionais da selectividade,que aprobaran uns 9.091 estudantes, o 90,69% dos presentados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.