A Real Academia Galega votará este sábado a candidatura de Carvhalo Calero para o Día das Letras Galegas

Tras a finalización do prazo de recepción de propostas, o único candidato ao 17 de maio é Ricardo Carvalho Calero, polo que todo indica que o ferrolán será o homenaxeado nesta efeméride.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2019 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

O pleno da Real Academia Galega abordará este sábado a figura á que se lle dedicará o Día das Letras Galegas de 2020.

Tras a finalización do prazo de recepción de propostas, o único candidato ao 17 de maio é Ricardo Carvalho Calero, polo que todo indica que o ferrolán será o homenaxeado nesta efeméride.

Tras a reunión do pleno, está convocada unha rolda de prensa no salón de actos da institución académica, prevista para as 13,30 horas.


Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero | Fonte: Artabra Dixital

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta