Unha galega á conquista do Pacífico: Desde as Illas Galápagos ata as Illas Marquesas

Maite Rojo é patroa de barco. Logo de atravesar o Atlántico gobernando un veleiro, agora comeza unha nova aventura no Pacífico. Na sección "Dominando os mares" irá contando o seu día a día desta súa nova travesía mariña que a levará polo Caribe, a canle de Panamá, Galápagos, Marquesas e Polinesia.

Por Galicia Confidencial | Océano Pacífico | 24/06/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A viaxe desde Santa Cruz estivo chega de problemas. Primeiro no xenerador ( quencíase de máis), a potabilizadora de auga (que deixou de funcionar e producir auga dulce) e o piloto automático (que insistiu en perder a situación de onde está o timón e así evidentemente non se pode governar o barco). Isto leva a perder un par de días máis, e traballar largas horas ó día, para arranxar todo.

Nuku Hiva nas Illas Marquesas, na Polinesia francesa
Nuku Hiva nas Illas Marquesas, na Polinesia francesa | Fonte: Remitida

No último día a inspección non pode ser á tardiña. Quedamos ao día seguinte ás 10 da mañá e despois dunha intensa revisión do barco buscan drogas, alcohol en exceso, animais ou algún recordo de cualquera cousa vexetal ou rocha de Galápagos. Parécenos do máis aceptábel. Botamos o lixo, enchemos máis auga e probamos outra vez todo para xa poñer velas e saír  navegar.

É un intre especial...Apágase o motor e só escoitamos o son da auga, o vento, as velas que, ás veces, protestan ... Iso é música para os meus oubidos. Tranquilidade.

O parte indícanos ventos lixeiros entre 10/15 nós do sur ou suroeste. Para comenzar temos un código zero na proa ( máis grande do que un Xénova ) e a maior, así facemos puntas de 11 nós. Todo estará moi tranquilo ata a posta de sol dese primeiro día no que acabo a miña garda.

Temos 3.000 millas por diante de Santa Cruz a Nuku Hiva, nas Illas Marquesas, e como máximo uns 16/18 días, dependendo da nosa velocidade a vela porque agora non nos podemos permitir poñer o motor, que será máis necesario utilizar o xenerador e combustible para recargar baterías, ou o que teñamos que utilizar con 220 volt.

Maite analiza a dirección do barco
Maite analiza a dirección do barco | Fonte: remitida

Para as gardas, agora seremos 5 persoas,facendo tres líderes de garda, con 5 horas durante ó día e 3 horas pola noite, as outras dous persoas farán de acompañantes e terán máis traballo no interior e facendo comida polo tanto poderan descansar durante ó día cando precisen.

AS GARDAS

A primeira vez que un volta a unha garda pola noite, despois de descansar unhas horas, sempre é coma a primeira vez. Estamos cubertos por aquela cúpula espectacular de estrelas, un manto que nos arroupa e nos sacode para dicirnos que non nos preocupemos dos problemas que temos e que pensemos no futuro. É tan bonito que non hai palabras, e lémbranos o pequenos que somos na inmensidade do océano, do planeta, do universo... sen presas, sen luces ao redor, sen civilización, só auga, ceo e nós.

Escomenzamos nesa rutina; de gardas, dormir, comer, onde todos coñecemos o noso sitio, o noso horario e a vida e sinxela "medio desconectados". Digo medio porque aínda temos os avances de ordenadores ou teléfono satélite para mandar unha mensaxe a casa. Con todo, ás veces gostaría da total desconexión. Mais si, a vida é sinxela: miras un páxaro, un grupo de golfiños, o mar e as horas e as gardas pasan...

Aínda que arranxamos a potabilizadora, polo momento só produce 50 l. á hora, que é menos da mitade que antes, polo que temos que ter moito coidado coa auga. Fai un bó servicio unha billa de auga salgada na cociña, onde todo o mundo pode ir lavar as mans, polo do momento nada de duchas e utilizar algún que outro caldeiro de auga, pois os vateres traballan con auga dulce e non poden funcionar vacíos.

O vento subiu de 10/12 nós a 15 e máis, co que cambiamos na proa do código zero, a un foque. E seguirán pasando os días nos que tamén probaremos o genaker, máis grande e con máis bolsa coma case meio globo, todo dependendo da intensidade do vento. Temos sorte e a dirección sempre é a mesma, todo moi sinxelo, no mesmo rumbo e amurados de babor.

Seguiremos así e faceremos unha media de 9/10 nós. Pasan tres días e xa levamos máis de 600 millas.

Moitos días fai un calor abafante e non se pode aguantar estar dentro do barco, agora sen aire acondicionado, pero temos uns ventiladores que se poden utilizar cas baterías. E saimos a popa para coller caldeiros de auga salgada, un baño a vella usanza por partes e coma o " bucket challenge" caldeirazos entre nos.

Os días pasan e chegamos as 900 millas con alguna punta de 15/16 nós, seguimos facendo unha boa velocidade e media para chegar en menos días do esperado. Ao millor en 15 días.

Outro tema a ter en conta son as horas; navegando cara ao oeste, imos pasando franxas horarias, para quedar perto do horario no destino e facer que coincidan os atardeceres e amenceres, imos atrasando unha hora do reloxio, cada 4 días e en diferentes horas do día, pois para aquela persoa a garda pasa de 5 a 6 horas. Aínda que no día é diferente porque moitos de nós estamos espertos e socializamos comendo algo xuntos. Cunha hora máis, un intenta adecentarse como pode, recoller a roupa da garda anterior ou medio lavala e secala, tomar sol lendo un libro, sen embargo despois de durmir, comer, gardas e repetir ... a verdade e que non sobra tanto tempo nun día.

LEMBRANZAS DE MANOEL ANTONIO

Cando chega a miña hora 1600 lembro ó poeta Manoel Antonio "De catro a catro" onde fala da sua experiencia coma mariñeiro con fermosos poemas.

Para min; estás pendente do rumbo, das velas, do caderno de bitacora cada duas ou tres horas e cando hai algo importante que engadir, as baterías, o xenerador a poñer cada seis horas, ademais de coller a carta de papel e poñer cada día a nosa posición, por se acaso a electrónica deixa de funcionar. De tódolos xeitos é un pracer voltar aos métodos antigos e a min encántame. Moitas vezes esquencemos todo isto con tanta tecnoloxía que temos.

Cando alguén está inspirado axudamos coas comidas na cociña, e hoxe fago de comer cun bo caldo con moitos vexetais acompañando a un couscous. Non é o mesmo que na casa pero botaba en falla unha comida de culler.

Hoxe esta cuberto e agradecese non estar baixo un sol directo, refrescámonos cos caldeiros de auga, xa que no interior semella unha sauna. Estimamos que nos queda unha semana para chegar ao noso destino.

Hoxe temos o genaker, a vela na proa máis grande. É dunha cor laranxa preciosa cun debuxo dun escorpión no medio, ademais de dar unha sombra impresionante, a cal desfruto por unha hora lendo o meu libro. Ademais como novedade do día, vemos outro veleiro pequeno co que estabelecemos contacto. De seguro veremonos en marquesas, mais o pobre fai catro nos á hora, e chegará moito mais tarde ca nós. Cando falamos con él, ten un forte acento alemán e vai en solitario. Toda a miña admiración e respecto.

Pasan os días e vanse rematando, ou mais ben vamos tirando pola borda moitos vexetais ou fruta que se está a estropear con tanta calor, inda que tiñamos ben dela verde ao sair, e a nevera e o conxelador non dan para máis. Logo pasamos aos vexetais (que se trocearon e conxelaron) e despois ás latas e paquetes desidratados coma última opcion. Calculamos ben e comida non vai faltar pois temos por todos os recunchos.

Entramos na recta final e coa chegada da latitude 9/10, temos ventos moi variables, nubes, chuvia, e non podemos ir a rumbo. Enton toca subir, trasloitar, baixar, trasloitar, coma se estivéramos nunha regata.

O vento sobe ata 28 nós e, ás veces, o barco escora moitisimo. Non é nada que sexa inseguro, mais así todo se fai mais compricado, ata durmir ten o seu truco, e estamos nunha tensión constante, ademais de con moito máis cansanzo. Acabamos mallados. Cunhas 600 millas para chegar, e xá con ganiñas de visitar novos lugares, de ter produtos frescos para facer ensaladas, que con este calor é o que apetece.

Xa contamos cuns dous ou tres dias mais, e falamos de facermos un tatuaxe típico pois as marquesas e a polinesia son artistas nestas creacións con moita simboloxía e significado.

Cando xá chegamos a menos de 200 millas, facemos unha comida á hora na que todos estamos xuntos, e practicamos co sextante para ensinar os tripulantes máis novos e inexpertos. Ademais de levar unha pequena competición co xogo de backgammon.

E AVISTAMOS FATU HUKU

Derradeira xornada e avistamos Fatu Huku, un pilar enorme de terra coma un faro no horizonte e celebramolo cunha cervexa. Logo as nosas 90 millas restantes para chegar a Nuku Hiva con moita oleaxe e vento as 5:00 am da mañán, na que baixamos velas, entramos na bahía e botamos ferro.

Esperamos ata as 8:00, tomando tapas e festexando o bo traballo. Logo imos á costa para clarexar a entrada con aduanas da illa. Asemella ben incríbel que aínda haxa sítios tan pouco tocados pola man do home.

Fixemos 3084 millas no mar... Dous dias e seguimos cara Tuamoto e Societé Islands.

Merçi, graciñas por estar ahi e ler esta parrafada....

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta