Inés Rey pide colaboración para evitar incidencias en San Xoán para "erradicar os plásticos das praias"

A alcaldesa da Coruña, pediu prudencia a pesar do dispositivo "excepcional" que levará a cabo para "garantir a seguridade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2019 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pediu este sábado prudencia aos cidadáns para evitar incidencias en San Xoán, a pesar do dispositivo "excepcional" que levará a cabo para "garantir a seguridade". "Quero pedir prudencia co lume e coa auga. Lembrade que está prohibido o baño. Debemos ser conscientes de que podemos gozar dunha noite máxica sen correr riscos", indicou Rei nun comunicado.

Neste sentido, a rexedora coruñesa tamén solicitou colaboración veciñal para "erradicar os plásticos das praias", polo que avanzou que nas próximas edicións desenvolverá unha campaña que acabe cos envases e as bolsas de plástico que contaminan os areais.

"Tomemos conciencia deste problema e procuremos levar á praia envases biodegradables, bolsas de cartón e evitemos os envases e botellas de plástico. Estamos a traballar nunha campaña para a próxima edición que elimine a sucidade e a estampa coa que amence a praia cada ano. Pensemos en que ese espazo natural é patrimonio da cidade e debemos coidalo entre todos", apuntou Inés Rey.

Tamén fixo unha mención especial aos mozos, tendo en canta os datos ofrecidos por seguridade cidadá con respecto ás pasadas edicións, nos que destaca o incremento de intoxicacións etílicas en menores. "A todos os mozos menores de idade e ás súas familias pídolles que gocen ao máximo desta festa pero con sentido común", subliñou.

CONSELLOS

Pola súa banda, a alcaldesa indicou que os coruñeses deben seguir as recomendacións que publicou o concello con respecto ás fogueiras. "Temos que ser precavidos co lume e facer caso aos consellos dos profesionais co fin de evitar riscos innecesarios", afirmou.

Así, entre os consellos que deu o Concello da Coruña están o de non acender fogueiras utilizando líquidos inflamables e non botar ao lume envases herméticos, aerosol ou pilas, ademais de evitar manipular petardos preto.

Fogueiras na Coruña en San Juan. EUROPA PRESS - Arquivo
Fogueiras na Coruña en San Juan. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta