Temas: PESCA MAR

Anuncian un "plan de acción" para conservar o patrimonio marítimo-pesqueiro galego

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou que esta ferramenta ten catro obxectivos: recompilar a presenza dos elementos culturais, patrimoniais e etnográficos; analizar o seu estado de conservación; promover a súa protección e buscar a fórmula de financiamento para o seu desenvolvemento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2019 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia



A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou este sábado na presentación do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que a Xunta traballa nun "plan de acción" único para a conservación do patrimonio marítimo-pesqueiro. Así, segundo sinalou a titular de Mar, prevese que a parte inicial deste plan estea lista a mediados de 2020 e que se comece a actuar no 2021.

Ademais, explicou que esta ferramenta ten catro obxectivos: recompilar a presenza dos elementos culturais, patrimoniais e etnográficos; analizar o seu estado de conservación; promover a súa protección e consolidación, e atopar a fórmula de financiamento adecuado para o seu desenvolvemento.

"Esta é unha mostra da aposta da Xunta a favor da protección do patrimonio e que se complementa con iniciativas de apoio a entidades e proxectos concretos, de forma directa ou a través dos grupos de acción local do sector pesqueiro", subliñou o Goberno galego nun comunicado.

En canto ao XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará no concello da Guarda entre o 11 e o 14 de xullo, Rosa Quintana subliñou que con el "se contribuirá a que perdure o indubidable valor do patrimonio fluvial galego e a historia cultural marítima".

De Esquerda A Dereita: Pablo Carreira, Manuel García Sendón, Rosa Quintana, Santos Héctor Rodríguez, Antonio Lomba E Joaquín Cadilla.. ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA
De Esquerda A Dereita: Pablo Carreira, Manuel García Sendón, Rosa Quintana, Santos Héctor Rodríguez, Antonio Lomba E Joaquín Cadilla.. ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Temas: PESCA MAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta