A aldea de Osmo presenta a súa candidatura como primeira 'Aldea modelo' de Galicia

Os veciños de Osmo, no municipio ourensán de Cenlle, presentaron en colaboración co concello, a súa candidatura para ser declarada como primeira 'Aldea modelo' de Galicia na defensa contra os incendios forestais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2019 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse este domingo cos veciños de Osmo, no municipio ourensán de Cenlle, para felicitalos por presentar, en colaboración co concello, a súa candidatura para ser declarada como primeira 'Aldea modelo' de Galicia na defensa contra os incendios forestais.

Neste sentido, o conselleiro tamén trasladou a súa felicitación ao alcalde, Gabriel Alén, que estivo presente na reunión, así como á delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz. Neste caso, o concello de Cenlle propón a aldea de Osmo por dispor dunhas 20 hectáreas de terreo abandonadas nas súas franxas de protección e que o pasado ano tiveron un aproveitamento agrícola ou gandeiro.

José González explicou, segundo recolle a Xunta nun comunicado, que o fin último de creación da aldea modelo é defender as persoas e os bens da ameaza dos incendios forestais, "pero non se trata unicamente diso, xa que tamén se pretende fomentar a posta en marcha de actividade agrogandeira na franxa dos 50 metros próxima ás vivendas".

"O proxecto de Aldeas modelo nace co obxectivo de executar a limpeza das franxas secundarias, é dicir, aquelas que están máis próximas aos núcleos de poboación, e polas a producir", engadiu o conselleiro. Unha vez limpas esas franxas, porase en valor ese terreo creando actividade agrogandeira nelas, mediante cultivos de horta, cereal, pastos, froitas, castiñeiros e oliveiras, entre outros.

O conselleiro do Medio Rural, José González.. XUNTA DE GALICIA
O conselleiro do Medio Rural, José González.. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta