Hospitalizado con lesións "superficiais" un mozo apuñalado nunha pelexa na Coruña

A liorta orixinouse por unha discusión entre dúas persoas, na que un individuo lle cravou un coitelo a outro na perna.

Por E.P. | A CORUÑA | 24/06/2019 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

O mozo apuñalado na mañá deste luns no marco dunha pelexa rexistrada na cidade da Coruña permanece hospitalizado con lesións "superficiais".

Segundo informaron a Europa Press fontes sanitarias, o paciente presenta "puñaladas superficiais" e foi ingresado en Observación no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) con prognóstico "menos grave".

Os feitos tiveron lugar sobre as 8,00 horas deste luns na rúa Alfredo Vicenti, confluencia coa rúa Riazor, no marco dunha pelexa, orixinada por unha discusión entre dúas persoas, na que un individuo lle cravou un coitelo a outro na perna.

Debido a este incidente, foron mobilizados axentes da Policía Local, persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Policía Nacional, que investiga os feitos. 

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC)
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) | Fonte: Nemigo en Wikipedia.

En concreto, ao lugar o 061 enviou unha ambulancia medicalizada que evacuou ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña ao ferido por arma branca, J.F.M.D.A., de 25 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta