Pontón sobre os detidos de Resistencia Galega: "Quen ten que dar explicacións é o PP pola súa relación co narcotráfico"

Amosa a súa sorpresa polas críticas recibidas tras falar da "presunción de inocencia" de Antón García Matos, alias 'Toninho, Asunción Losada Camba, Miguel García Nogales e Juan Manuel Sánchez pola súa vinculación con este grupo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/06/2019 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, amosou a súa sorpresa tras as críticas recibidas polo PP e determinados medios de comunicación pola súa suposta "tibieza" --ser morna-- en criticar aos detidos a pasada semana pola súa vinculación con Resistencia Galega. "Estou sorprendida pola desesperación do PP porque quere xerar polémicas onde non as hai", dixo tamén alundido á iniciativa que este partido presentará para que se condenen estas detencións e ao grupo Resistencia Galega.

Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado
Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado | Fonte: El País

En rolda de prensa, Pontón destacou que o seu grupo sempre respectou a presunción de inocencia, tanto de persoas detidas pola súa vinculación con Resistencia Galega, como de políticos. En todo caso, lembrou que nos últimos anos houbo cargos do PP condenados por varios delitos.

Por iso, negou que sexa "morna" nas súas declaracións e fíxolle unha advertencia ao PP. "Quen é tibio que ten un presidente amigo de narcotraficantes. Sería este partido o que ten que explicar que relación ten co narcotráfico", espetou.

Pontón facía alusión as críticas recibidas polo PP e determinados medios, entre eles La Voz, ABC ou a Cope, tras pedir “moita cautela” sobre as detecións de Antón García Matos, alias 'Toninho, Asunción Losada Camba, Miguel García Nogales e Juan Manuel Sánchez pola súa vinculación con Resistencia Galega. Posteriormente, o escritor Suso de Toro escribiu tamén un duro artigo acusando a algunha prensa, en alusión a estes medios, por cualifficar de "terroristas" aos detidos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Narcocorridos

Feijoo non foi amigo dun narcotraficante. Feijoo era o recadeiro de Romay Beccaria dentro do marco da financiacion do PP con cartos do narcotrafico (e do proxenetismo, lembremos a relacion de Fraga con Karina Falagan). Rajoy controlaba parte dos contactos co narcotrafico na provincia de Pontevedra e Beccaria, a traves de Feijoo, herdou o contacto de Dorado do Guerrilleiro de Cristo Rey Manuel Diaz. Iso explica as viaxes a Andorra e demais. Asi foi como o PP se convertiu no partido hexemonico da dereita. E por iso Fraga, Rajoy, Beccaria e o propio Feijoo son sagrados.

1 nostrus

Para el viejo fascismo en el 36 no se dio un golpe de estado, sino un alzamiento nacional y en el que sublevaron todos los que estaban de acuerdo en sublevarse (igual que en el1-O de Cataluña). Para el mundo abertzale los de eta eran gudaris y para los batasunos gallegos los de RG solo son liberadores de la patria. Se demuestra que el fascismo nuevo es de la misma calaña que el fascismo viejo. Quizas Ana Ponton tenga dudas de que esos tipejos sean terroristas, pero no tiene dudas de que Vox sea de extrema derecha.

1 José

Entendo que Ana Pontón teña dúbidas, outras persoas están completamente seguras tras instruir, xulgar e condear ás persoas detidas sen ter se quer o título de Dereito, como supoño que é o seu caso.