Galicia e Portugal desenvolverán proxectos audiovisuais conxuntos

A Xunta firma un acordo co Consello Directivo do Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2019 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

O Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente do Consello Directivo do Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal, Luís Chaby Vaz, asinaron este luns un memorando de entendemento para desenvolver proxectos conxuntos no ámbito audiovisual e avanzar no impulso das súas industrias cinematográficas.

Cinema de historias no Auditorio de Verín. Foto: ConC de Comunicación
Cinema de historias no Auditorio de Verín. Foto: ConC de Comunicación

Mediante este acordo, a Xunta e o Instituto do Cinema comprométense a colaborar na produción e desenvolvemento de longametraxes cinematográficas e series de televisión realizadas conxuntamente por produtores independentes de Portugal e Galicia.

O obxectivo é pór en marcha producións que reúnan elementos culturais dos dous territorios e que, así mesmo, favorezan o intercambio de talento técnico e artístico.

Outro dos compromisos adquiridos entre os dous territorios é o de fomentar as relacións institucionais entre Galicia e Portugal, co fin e realizar encontros de negocio bilaterais, actividades formativas e intercambio de experiencias entre ambos os sectores audiovisuais.

Ademais, no marco desta colaboración decidiuse dar continuidade ao V Encontro de Coprodución Portugal-Galicia, que terá lugar no último trimestre de 2019 no Concello de Arnoia (Ourense).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta