Pontón asegura que o expediente de expulsión aos edís de Catoira segue adiante

Alternativa por Mondariz denuncia que o BNG tiña pactada a súa investidura co PP. A dirección do BNG asegurou que este caso non ten nada que ver co de Catoira, onde Xoán Castaño foi investido alcalde co apoio dos populares.

Por Galicia Confidencial | Catoira | 24/06/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, destacou este martes que o expediente de expulsión aberto contra os edís da súa formación en Catoira por pactar co PP a investidura do candidato do Bloque local segue adiante.

Xoán Castaño, alcalde de Catoira
Xoán Castaño, alcalde de Catoira | Fonte: BNG

Non houbo novidades ao respecto”, dixo en rolda de prensa. En todo caso, suliñou que esa cuestión é un tema que lle compete á Executiva do BNG e, especialmente, ao consello comarcal do BNG no Salnés, que son os que teñen que tomar a decisión.

Preguntada sobre o apoio de líderes do BNG comarcal aos edís díscolos de Catoira, Pontón dixo que non existe tal defensa. Con todo, e tal e como publicou La Voz de Galicia, un dos que se situou máis rotundamente en contra da sanción é Manolo Domínguez, o responsable comarcal do BNG do Salnés, que precisamente substituíu nese cargo a Xoán Castaño, o agora alcalde de Catoira co apoio do PP. 

“Eu négome a aceptar que se dubide da palabra destes compañeiros cando aseguran que non houbo acordo ningún co PP”, apuntou Domínguez que suliñou que cre “sinceramente” nas súas palabras. “Creo que non houbo ese acordo, e creo que foron as respostas ambiguas e calculadas do portavoz do PP de Catoira cando se lle preguntou por esta cuestión as que xeneraron esta confusión e enlodaron a situación”, engadiu.

De feito, suliñou que non existe "diferenza real" entre o ocorrido en Catoira e o que pasou en Mondariz. Nesta segunda localidade, o candidato do BNG tamén foi votado polo PP para a alcaldía. Pero, neste caso, a Executiva do BNG suliñou que o seu caso non se pode comparar co de Catoira, porque no caso de Mondariz, o BNG –que ten tres edís-- , contou co apoio do concelleiro socialista.

MONDARIZ

Pola súa parte, Alternativa por Mondariz (AporM), partido líder da oposición con catro edís, tras a súa saída do goberno local, considera "probado" que o BNG tiña pactada a súa investidura co PP e nega que fose unha sorpresa como afirmou o alcalde, o nacionalista Emilio Barros. “Barros díxonos que a nosa oferta non era satisfactoria para eles, pero nunca propuxo ideas, propostas ou programas alternativos, o que evidencia que tiñan un acordo pechado cos populares", dixo Xoán Carlos Montes Bugarín, o ex rexedor e líder da marea local.

O grupo de Montes Bugarín lembra que no anterior pleno de investidura, hai catro anos, o BNG abstívose mentres que, nesta ocasión, Barros presentou a súa candidatura porque sabía que ía ter os apoios suficientes. Por iso, AporM pídelle ao BNG que faga públicas as condicións do acordo co PP porque cre que este partido non o apoiou "a cambio de nada".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Okarayodo29

Quen non quera ver que por riva de ideoloxías está GALIZA FIRST! É que non quere ver a realidade...mentres tanto as políticas do PPSOE baleirando a nosa terra de xuventude cada vez máis malfalante dese enlixado subdialecto condal arabizado...

1 Gamela

se logo de 40 anos o BNG descobre que os do PP tamén son galegos coma eles... van ter un problema de carallo! (gobernar cos sociolistos seica é máis chic!)

1 O camello de feijoo

Para o Gamela este. A bosta de vaca tamén é galega, coma o PP, até feden semellante. Os percebes tamén son galegos, mais non son como a bosta. Se non entendes avisa, que cha levo á casa.

2 Rosa

Que urbanita que es. Como se nota que nunca cheiraches unha bosta, E como se nota que es dos poucos que comes percebes. Paréceme ben mais non fales do que descoñeces. Sáeche o desertor de arado pola pel, Viva o rural galego!

3 Gamela

Ese aínda non sabe que o forno onde cocemos a boroa péchase con bosta de vaca!!! Se non luxamos as mans, non comemos millo...! Ao señorito ghústanlle os perçebes !