20 anos de 'Mareas Vivas', por Antón Reixa

O festival Fisterra Blues Experience, que se celebra do 28 ao 30 de xuño en Fisterra, conmemorará o aniversario da serie coa presenza do seu creador.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2019 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

O festival Fisterra Blues Experience, que se celebra do 28 ao 30 de xuño en Fisterra, conmemorará o 20 aniversario de 'Mareas Vivas' cunha charla do creador desta serie da Televisión de Galicia, Antón Reixa.

Os protagonistas de 'Mareas Vivas'.
Os protagonistas de 'Mareas Vivas'.

Baixo o título 'A Costa da Morte diante do espello catódico: 20 anos de Mareas Vivas', Reixa participará no festival o domingo 30 xunto ao presidente da Academia Galega do Audiovisual e un dos guionistas da serie, Carlos Ares.

Ademais, nesta terceira edición do evento que se celebra nesta localidade coruñesa, participarán artistas internacionais e nacionais como Rockin' Jonny Burgin, Morgane Ji, Los Deltonos, Tonky Blues Band, Quique Gómez & Curro Serrano.

A presenza galega chega da man de Marcos Coll Band, residente en Berlín, líder de bandas como Los Reyes del KO ou The Mghty Calacas. Ademais, estará Víctor Aneiros, a banda viguesa The Soul Jacket, os composteláns Andhrea & The Black Cats, o dúo ferrolán Willy & Winnie, Zeltia, así como a banda residente Fisterra House Band.

Os interesados xa poden adquirir unhas chapas de apoio para o festival --BLUS--, así como as entradas para o 'Blues a bordo', unha serie de concertos pola baía e polo Cabo Fistera.

Na súa terceira edición, así mesmo, o festival volve apostar por unha programación con múltiples actividades na que os nenos se converten no público por excelencia. Así, terá lugar o Blues na Escola, con máis de 70 inscricións, así como o concerto didáctico de Ubuntu Blues. O proxecto está coordinado por Xabier Mera e Iván Arceo.

Antes de cada actuación terán lugar unha serie de intervencións poéticas de autores da Costa da Morte cuxo obxectivo principal é conectar a poética galega co blues a través de lugares comúns.

Os poetas que participan niso son, por parellas, David Ceus- Estevo Creus; Suso Bahamonde-Álex López; Rosalía Fernández Rial-Elena Busto e Leo Kc-María Lado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta