Parter traslada aos sindicatos de Alcoa que "veu para quedar" e garantir o emprego

O fondo suízo di que os seus plans van máis aló de dous anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2019 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

Parter trasladou aos sindicatos das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés que "veu para quedar" e que a súa intención é garantir o emprego e a actividade industrial máis aló de dous anos.

Planta de Alcoa na Coruña.
Planta de Alcoa na Coruña.

Na reunión celebrada na mañá deste martes, segundo informan fontes consultadas, o fondo suízo, cun preacordo para a compra das dúas factorías, sinalou que a súa vontade é dedicarse á produción de aluminio de alto valor engadido, para os sectores de automoción e aeronáutica.

Ademais, de acordo con estas fontes, Parter apuntou que se hai arranque das cubas de electrolise "tería que contratar a máis xente".

Na mañá deste martes tivo lugar a comisión de seguimento con representación do Ministerio de Industria como oínte, a empresa, Parter e as organizacións sindicais.

A continuación, sen tempo sequera para comer, deu inicio outro encontro entre representantes dos traballadores e Alcoa (cita que foi posposta por dúas ocasións, desde o venres pasado).

O prazo previsto para atopar unha solución ao conflito da multinacional, que quere vender as súas fábricas da Coruña e Avilés, culmina este domingo 30 de xuño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta